Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 10 DE XULLO DE 2020

N.º 157

CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA
INCENDIOS E SALVAMENTO
Anuncio Mediante Resolución da Presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento de data 30 de xuño do 2020, procedeuse á aprobación da convocatoria e das bases que rexerán o procedemento para a creación dunha bolsa de emprego temporal de bombeirocondutor para atender as necesidades temporais e interinidades no Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DUN PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONFECCIÓN
DUNHA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DE
BOMBEIRO-CONDUTOR PARA ATENDER NECESIDADES
TEMPORAIS E INTERINIDADES NO CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO
CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

O obxecto das presentes bases é a selección dos integrantes da bolsa de emprego temporal de bombeiroscondutores que prestarán servizo nos parques dependentes do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.
As ausencias a cubrir mediante esta bolsa de emprego serán aquelas derivadas de baixas médicas, permisos, vacacións ou vacantes con dereito a reserva de posto de traballo, entre outros, que o Consorcio determine.
A existencia de vacantes temporais no servizo non obriga ó Consorcio á cobertura das mesmas a través da presente bolsa de emprego, correspondéndolle ó Consorcio a determinación das vacantes a cubrir conforme ás necesidades do servizo.
O proceso selectivo que se seguirá para a selección dos integrantes desta bolsa será o de concurso, por ser un procedemento que permite unha maior axilidade, de conformidade co disposto no art. 10.2 en relación co 61.6 e 61.7 do RD 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
2.- DURACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
Esta bolsa finalizará no momento en que se realicen os procesos selectivos para a cobertura definitiva das prazas de bombeirocondutor no Consorcio Provincial de Lugo ou no momento en que se inicie un novo procedemento de bolsa para este mesmo fin.
3.- CARACTERÍSTICAS
As retribucións e demais condicións laborais serán as que correspondan en todo caso coas prazas obxecto de substitución.
A duración do nomeamento será en función das necesidades do servizo conforme ó determinado nas presentes bases.
As funcións do posto de bombeiro-condutor serán as seguintes:
1. Levar a cabo a intervención nos sinistros, de acordo coas instrucións do seu superior e as sistemáticas de actuación vixentes, para procurar o salvamento de persoas e bens.
2. Actuar con celeridade pero observando en todo momento condutas seguras para si mesmo, resto de persoal interveniente así como terceiros e vítimas.
3. Cumprir en todo momento a lexislación vixente en canto a normas de tráfico e circulación.
4. Realizar todos aqueles labores encomendados polos seus superiores que sirvan de apoio á actuación e ao máis eficaz control da situación.
5. Propiciar o traballo en equipo mediante a información continua da evolución do sinistro e dos resultados dos seus labores na zona de actuación na que interveña.

Anuncio publicado en: Num BOP 157 año 2020 10/07/2020
09/07/2020 08:00:00
10:48:56

1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2020

Page count16

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions