Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 16 DE XULLO DE 2020

N.º 162

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO DA FONSAGRADA
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario inicial publicado no presente Boletín con data do 21 de marzo do presente ano, aprobatorio do Regulamento Orgánico Municipal, cuxo texto íntegro faise público, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local.
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO DA FONSAGRADA
TITULO PREELIMINAR
De los Grupos políticos
O Concello da Fonsagrada, no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización que lle concede o artigo 4.1 a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, promove, polo presente Regulamento, a súa organización e réxime de funcionamento de órganos básicos e complementarios que no mesmo establécense.
Artigo 2.
Na regulación das materias obxecto deste Regulamento rexe a seguinte prelación de fontes:
a A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Réxime Local, coas modificacións introducidas pola Lei 27/2013, 27 decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local;
b A Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia;
c O presente Regulamento Orgánico Municipal;
d A lexislación do Estado, en especial ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, para aquelas materias non reguladas polo presente Regulamento Orgánico o para cando este resulte insuficiente. Polo tanto, as disposicións do presente Regulamento orgánico serán de aplicación preferente ás contidas no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, sempre e canto estas non proveñan dunha norma que teña consideración de básica, nalgunha das normas anteriormente citadas.
Artigo 3.
1.- Os membros da Corporación a efectos da súa actuación corporativa, constituiranse en Grupos. Ningún membro pode pertencer simultaneamente a máis dun Grupo.
2.- En ningún caso poderán constituírse en Grupos Municipais separados os concelleiros que pertenzan a unha mesma lista electoral.
3.- Durante o mandato da Corporación ningún membro poderá integrarse nun Grupo distinto daquel no que o fixera inicialmente.
Artigo 4.
1.- Os Grupos Políticos constituiranse mediante escrito dirixido ao Presidente e subscrito por todos os seus integrantes, que se presentará na Secretaría Xeral da Corporación dentro prazo de cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
2.- No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de portavoz do Grupo, podendo designarse tamén un suplente, sendo por tanto portavoz de cada Grupo Municipal, o que designe cada Grupo no momento da súa constitución, ou ben o que posteriormente sexa designado pola maioría dos compoñentes da lista respectiva.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2020 16/07/2020
15/07/2020 08:00:00
12:46:02

Artigo 1.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2020

Page count29

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions