Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 18 DE XULLO DE 2020

N.º 164

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 10 de xullo de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei. expediente IN407A 2020-27AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Concello de Outeiro de Rei - Denominación: SUMINISTRO ELECTRICO A CIRCUITO OUTEIRO DE REI

- Características técnicas:

Liña aérea de Media tensión a 20Kv a CT Palloza 4849, con orixe na LMT existente Rábade 2 tramo dirección CT C. de Fútbol 12811 e final na LMT existente derivación CT Palloza 4849, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo LA-56.

Liña soterrada de Media tensión a 20Kv a CT proxectado Urbanización Palloza, con orixe na LMT existente Rábade 2 tramo dirección CT C. de Fútbol 12811 e final no CT proxectado Urbanización Palloza, cunha lonxitude de 620 metros en condutor tipo RHZ1-150mm.

Centro de Transformación prefabricado Urbanización Palloza, cunha potencia máxima admisible de 630KVA e unha potencia inicial de 630Kva, no cal se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT Urbanización Palloza proxectado e final na RBT área proxectada, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RV-240.

Liña aérea de baixa tensión con orixe na RBT soterrada proxectada, cunha lonxitude de 500 metros en condutor RZ-150 e 7 metros en RZ-50.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Anuncio publicado en: Num BOP 164 año 2020 18/07/2020
17/07/2020 08:00:00
09:59:07

- Situación: concello de Outeiro de Rei

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/07/2020

Page count12

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions