Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 17 DE XULLO DE 2020

N.º 163

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DO
DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO. AUGAS DE GALICIA
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
CLAVE: DH.V27.71852

As augas residuais industriais xeradas na zona dos boxes de lavado son conducidas a 3 areeiros de dimensións unitarias 1,5 x 1,4 x 1,1 m. As augas residuais industriais xeradas na ponte de lavado son conducidas a un areeiro de dimensións 0,65 x 6 x 0,65 m. Posteriormente, as augas residuais industriais de lavado son tratadas conxuntamente coas augas residuais industriais xeradas na zona de subministro e descarga de combustibles nun separador de hidrocarburos de 10 L/s de dimensións 1,30 m de diámetro e 4,60 m de lonxitude. O efluente deste separador de hidrocarburos vértese por infiltración no terreo cunca da ría de Viveiro no punto de coordenadas UTM ETRS89: X=614.666; Y=4.837.874, mediante pozo filtrante de dimensións 1,5 x 1,8 x 2 m conectado cunha zanxa filtrante de dimensións 30 x 1 x 1,5 m.
As augas residuais domésticas xeradas nas instalacións son tratadas nunha estación depuradora de oxidación total deseñada para 10 habitantes equivalentes, de 10.000 L de capacidade e dimensións 1,6 m de diámetro e 3,50 m de lonxitude; e posteriormente vertidas por infiltración no terreo cunca da ría de Viveiro no punto de coordenadas UTM ETRS89: X=614.666; Y=4.837.849, mediante pozo filtrante de 1 m de diámetro e 2,3 m de profundidade conectado cunha zanxa filtrante de dimensións 30 x 1 x 1,5 m.
O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de TRINTA 30 DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sitas na praza Camilo Díaz Baliño de Santiago de Compostela, e no Servizo Territorial Norte de Augas de Galicia sito no Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm.2 9º andar da Coruña, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe.
Santiago de Compostela,1 de xullo de 2020.- A Xefa da Área de Vertidos - Leticia Valladares López.
R. 1502

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DO PATRIMONIO NATURAL
Anuncio José Manuel Pol González, con DNI 758V, en representación da Sociedade de Cazadores Quiroga-Eiras CIF
G27225804, titular do tecor Quiroga-Eiras LU-10122 solicita a ampliación deste tecor cos terreos da zona libre de Pacios da Serra 1.040,17 hectáreas, na parroquia de Pacios da Serra, termo municipal de Quiroga.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2020 17/07/2020
16/07/2020 08:00:00
12:07:07

ORTEGAL OIL, S.L., de conformidade co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico, solicita autorización para o vertido por infiltración no terreo cunca da ría de Viveiro dun caudal máximo de 2.211 m3/ano de augas residuais industriais depuradas e dun caudal máximo de 438 m3/ano de augas residuais domésticas depuradas procedentes das instalacións dunha estación de servizo asentada na marxe dereita da estrada LU-862, Ferrol San Cibrao, p.k. 89+800 Xubia San Cibrao t.m. Viveiro.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2020

Page count29

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones