Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 21 DE XULLO DE 2020

N.º 166

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 8 de xullo de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro. Expediente IN407A 2019-41AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.

- Situación: concello de Viveiro - Características técnicas:

Liña soterrada de alta tensión 20Kv Viveiro 3 con orixe nunha conversión aéreo a soterrada no apoio A95071
e final no CT Prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1240mm.

Liña soterrada de alta tensión 20Kv Aluminio con orixe nunha conversión aéreo a soterrada no apoio A95071
e final no CT Prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1240mm.

Liña soterrada de alta tensión 20Kv Espiñeirido 2 con orixe nunha conversión aéreo a soterrada no apoio A95071 e final no CT Prefabricado semienterrado proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240mm.

Centro de Transformación prefabricado semienterrado Area Elevador Telemandado, cunha potencia máxima admisible de 630KVA e unha potencia inicial de 100Kva, relación de transformación 20.000/400-230V, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección.

Liña soterrada de baixa tensión do CT Area Elevador, formada por dous circuítos, con orixe no cadro de baixa do CT Area Elevador e final nas RBTs existentes, cunha lonxitude de 40 metros en condutor RV-240.

Desmontaxe do CT Area elevador existente e demolición da caseta de obra civil.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2020 21/07/2020
20/07/2020 08:00:00
14:08:27

- Denominación: SUSTITUCIÓN DEL CT 746 AREA ELEVADOR

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/07/2020

Page count23

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones