Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 162 xoves, 16 de xullo de 2020

BOP Lugo
TÍTULO SEGUNDO
CAPÍTULO I
Sobre o funcionamento do Pleno do Concello de A Fonsagrada Artigo 9.
Os tipos de sesións rexerase polo establecido na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e polo Texto Refundido das Disposicións Legais sobre Réxime Local, que diferencia entre sesións ordinarias, extraordinarias e extraordinarias urxentes.
Artigo 10.
1.- O Pleno celebrará sesión ordinaria coa periodicidade que determine o propio Pleno a proposta do Alcalde, dentro das limitacións e obrigas contidas na Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, así coma a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Réxime Local.
2.- O Pleno sinalará igualmente os días e horas en que terán lugar ditas sesións, que poderán ser cambiados en calquera momento posterior, polo devandito Órgano. Igualmente o Alcalde, por propia iniciativa ou a pedimento dos portavoces, por causa xustificada, poderá variar o día ou a hora dalgunha sesión, afastándose só o imprescindible dos días e horas acordados polo Pleno.
3.- As sesións poderán celebrarse en primeira ou segunda convocatoria. A segunda convocatoria sería dous días despois da sinalada para a primeira ou ao día seguinte hábil si coincidise en festivo. Neste caso non sería necesario o envío da Orde do día, pero si a notificación da súa celebración en segunda convocatoria.
Artigo 11.

2.- As referidas sesións convocadas con tal carácter a solicitude da cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación, deberán solicitarse por escrito no que se razoe o asunto ou asuntos que a motiven, asinado persoalmente por todos os que a subscriben. Tamén deberán acompañar a devandito escrito todos os documentos que haxan de estar ao dispor dos señores concelleiros na Secretaría Xeral, desde o momento da convocatoria.
3.- A relación de asuntos incluídos no escrito non enerva a facultade do Alcalde de determinar os puntos da Orde do día, aínda que a exclusión dalgún dos asuntos propostos, deberá ser motivada.
Artigo 12.
1.- O Alcalde convocará aos concelleiros a sesión ordinaria ou extraordinaria con mínimo de dous días de antelación como sinala a Lei, remitíndolles xunto coa comunicación da convocatoria a orde do día a que haberá de suxeitarse dita sesión, no que figurarán, numerados e apuntados suficientemente, os asuntos a tratar.
2.- Os concelleiros acusarán recibo da convocatoria asinando en folla para o efecto.
3.- Si varios concelleiros desexasen examinar os expedientes á vez, distribuiranllos entre eles mesmos. Si non se puxesen de acordo, requirirán ao Secretario para que emita un informe-proposta verbal. Si dita proposta tampouco satisfai aos interesados, someterase á decisión do Sr. Alcalde-Presidente, que resolverá distribuíndo o tempo e os expedientes de forma que estes poidan ser vistos por quen daqueles quixesen facelo.
4.- O horario para exame de expedientes será o correspondente ao normal de oficina. No encanto, aquel poderá ser ampliado pola Presidencia cando o número ou a importancia dos asuntos así o requira. Dita ampliación será posta en coñecemento dos señores Concelleiros e da Secretaría Xeral. Baixo ningún concepto os expedientes poderán extraerse da Secretaría Xeral.
Artigo 13.
Calquera que sexa a clase de sesión, haberá de ser levantada o mesmo día que se abriu e deberá respectar o principio de unidade de acto.
Artigo 14.
1.- A Orde do día das sesións será fixado polo Alcalde asistido do Secretario.
2.- Os asuntos que se inclúan na Orde do día deberán estar, previamente, ditaminados ou informados pola Comisión Informativa correspondente, no caso de que o Pleno acorde a súa constitución. Cando non houber creada Comisión Informativa con competencias por razón da materia que sexa obxecto do asunto a incluír na orde do día, o ditame ou informe previo non será esixible, nin para a dita inclusión nin para a válida adopción do acordo.
3.- Nos Plenos ordinarios haberá unha parte dedicada ao control dos demais órganos da Corporación para a formulación de mocións, rogos e preguntas. Neste senso, cada un dos Grupos Municipais poderán formular, como máximo catro mocións.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2020 16/07/2020
15/07/2020 08:00:00
12:46:02

1.- As sesións extraordinarias poden ser convocadas polo Alcalde da Corporación, así coma pola cuarta parte dos membros da Corporación, debendo respectar estes últimos os límites contidos no artigo 46.2 a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Réxime Local, entre outros preceptos concordantes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions