Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 162 xoves, 16 de xullo de 2020

BOP Lugo
3.- Da constitución dos Grupos Políticos e dos seus integrantes e portavoces, o Presidente dará conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre tras cumprirse o prazo previsto no artigo anterior.
Artigo 5.
1.- Os concelleiros que adscritos inicialmente a un Grupo desexen abandonalo, deberán facelo constar por escrito formal, presentado no Rexistro Xeral da Corporación e dirixido ao Alcalde da Corporación municipal.
2.- A efectividade do abandono do Grupo Municipal ó que pertencía comezará a computar dende a data de presentación do referido escrito no Rexistro Xeral do Concello.
3.- No caso de que un concelleiro fose expulsados do Grupo Político ao que pertencera orixinalmente, será o voceiro do Grupo o que deberá presentar no Rexistro Xeral da Corporación un escrito dirixido ao Alcalde no que se poña de manifesto de xeito fidedigno esta eventualidade, e se acredite documentalmente dita expulsión.
4.- Os concelleiros que opten por non incluírse en ningún Grupo político municipal terán a consideración de concelleiros non adscritos.
5.- A consideración dun concelleiro como non adscrito non menoscabará, en ningún caso, os dereitos e obrigas que en canto á participación na organización municipal corresponde a toda concelleiro de conformidade co disposto no artigo 20 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime local. Terán o dereito de asistir ás comisións informativas convocadas de acordo co previsto neste regulamento e terán nas mesmas dereito de voto.
6.-Se o número de concelleiros non adscritos impide que a composición das Comisións Informativas se acomode á proporcionalidade existente entre os distintos Grupos políticos representados na Corporación, dita proporcionalidade volverá a recalcularse.
TÍTULO PRIMEIRO
Organización municipal corporativa do Concello de A Fonsagrada Artigo 6.

a Son órganos básicos de goberno e administración: o Pleno; o Alcalde/esa; os Tenentes Alcalde; así coma a Comisión Especial de Contas.
b Son órganos complementarios do goberno e administración: as comisións Informativas, e a Xunta de Goberno Local.
Artigo 7.
1.- As atribucións do Alcalde, do Pleno e da Xunta de Goberno Local, son as que veñen determinadas na Lei Reguladora das Bases do Réxime Local Lei 7/1985, do 2 de Abril, así como no Texto Refundido das Disposicións Legais viventes en materia de Réxime Local R.D.L. 781/1986, do 18 de Abril.
2.- O Pleno e o Alcalde poden efectuar delegacións en favor da Xunta de Goberno Local. De todas as delegacións e das súas modificacións darase conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.
3.-O Órgano delegante poderá avogar en calquera momento as competencias delegadas.
4.- Ningún Órgano poderá delegar nun terceiro as atribucións ou potestades recibidas por delegación doutro Órgano.
Artigo 8.
1.- O nomeamento dos Tenentes de Alcalde será libremente realizado polo Alcalde de entre os membros da Xunta de Goberno Local. O nomeamento, así como o cese, farase mediante resolución do Alcalde, da que se dará conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre, facéndose público polos medios de costume, todo elo sen prexuízo da súa efectividade desde o día seguinte á sinatura da resolución, si nela non se dispuxese outra cousa.
2.- A condición de Tenente de Alcalde pérdese, ademais de polo cese decretado pola Alcaldía, por renuncia expresa manifestada por escrito e por perda da condición de membro da Xunta de Goberno Local.
3.- Corresponde aos Tenentes de Alcalde substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións de Alcalde nos supostos de vacante de Alcaldía, ata que tome posesión o novo Alcalde.
4.- En caso de ausencia, enfermidade ou impedimento, as funcións do Alcalde non poderán ser asumidas polo Tenente de Alcalde a quen corresponda sen expresa delegación da Alcaldía. Non obstante o disposto anteriormente, cando o Alcalde se ausente do Termo Municipal sen haber conferido a delegación ou cando por causa imprevista lle houbese resultado imposible outorgala, substituiralle o Tenente de Alcalde que corresponda, dando conta posterior á Corporación.

Anuncio publicado en: Num BOP 162 año 2020 16/07/2020
15/07/2020 08:00:00
12:46:02

A organización municipal axustase as seguintes estruturas:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/07/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions