Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 160 martes, 14 de xullo de 2020

BOP Lugo
CERVANTES
Anuncio Información pública En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2019, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.
Cervantes, 22 de xuño de 2020.- O alcalde, Benigno Gómez Tadín.
R. 1475

O CORGO
Anuncio EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO

Por medio do presente, ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ó pago da taxa e canon indicados, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación deste edicto no BOP de Lugo, ó obxecto de que o Padrón poida ser examinado e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra o mesmo.
Contra o citado acordo polo que se inclúen os contribuíntes no Padrón así como contra a liquidación e efectividade da taxa de recollida de lixo, interporase, ante a Alcaldía, recurso de reposición no prazo dun mes a contar desde a notificación.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación. No caso de resolución presunta o prazo para interpoñer o recurso contencioso administrativo será de 6 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que finalice o prazo dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
ANUNCIO DE COBRANZA
O prazo de ingreso, en periodo voluntario, será o comprendido entre o 26 de xuño e o 26 de agosto de 2020, ámbolos dous inclusive. O ingreso do recibo farase na conta restrinxida número ES10 2080 0156 4031 1000
0057, ó nome deste Concello na oficina do Corgo de Abanca.
Os recibos dos titulares que non teñan domiciliado o pago, serán enviados ós seus respectivos domicilios para que fagan o ingreso na conta indicada. As persoas que teñan domiciliado o pago non terán que preocuparse, xa que o Concello remitirá á Caixa a relación de recibos para que se ingrese o seu importe na conta municipal citada.
Vencido o citado prazo en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos temos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio, de acordo co establecido no artigo 161
da citada Lei, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargos do período executivo serán os previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
No caso do canon da auga, según dispón o artigo 49.7 do Decreto 136/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento de dito canon, cando polos contribuíntes afectados non se fixera efectivo o canon da auga no período voluntario sinalado, esixirase directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, faise saber que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
A presente publicación ten o carácter de notificación colectiva, de acordo co establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
O Corgo, 8 de xullo de 2020O ALCALDE, Felipe Labrada Reija.
R. 1462

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2020 14/07/2020
13/07/2020 08:00:00
13:46:34

O Sr. Alcalde, por Decreto de 26 de xuño deste ano, aprobou o Padrón provisional comprensivo dos suxeitos pasivos contribuíntes polos conceptos de taxa de recollida de lixo e TAXA POLO SERVICIO DE SUBMINISTRO
DE AUGA DOMICILIARIA incluído o canon da auga para o segundO SEMESTRE DE 2019.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/07/2020

Page count61

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions