Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 160 martes, 14 de xullo de 2020

BOP Lugo
Anuncio Resolución do 25 de xuño de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A denominada PEÑARREDONDA nº 268, situada no termo municipal da Pobra do Brollón na provincia de Lugo.
En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, de 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección A
denominada PEÑARREDONDA nº 268, situada no termo municipal da Pobra de Brollón na provincia de Lugo.
O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e no portal da dita Consellería http economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 25 de xuño de 2020.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 1460

CONCELLOS
BALEIRA
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE TRABALLO.
- Posto: Un Operario de desbroces.
- Especialidade: Un operario-conductor de maquinaria forestal con motor, grupo de cotización 10.
- Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.
- Duración prevista do contrato: Contrato eventual por circunstancias da producción cunha duración aproximada de tres meses, podendo prorrogarse por necesidades do servizo.
- Requisitos: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño do devandito posto, estar en posesión de carnet de conducir que lle habilite para o manexo de tractor con desbrozadora, ademáis dos esixidos con carácter xeral na legislación vixente.
- Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010.
- Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
- Data e lugar da entrevista prevista nas Bases: O día 23 de xullo de 2020, as 10:00 horas, no Concello de Baleira.
A entrevista realizarase mediante unha proba escrita na que se evaluarán contidos relacionados co posto de traballo a desempeñar.
- Tribunal cualificador:

Presidente: Alberto Alonso Fernández. Axudante de Servicios Múltiples do Concello de Baleira.
Secretaria: M Esperanza Garmendia Nuñez, Secretaria-Interventora do Concello de Baleira.
Vocais: Angel Alvarez Pereira, Alguacil-Celador de obras e servicios do concello de Baleira e Manuel Fernández Fernández, funcionario do Concello de Castroverde.
Suplente: M. del Carmen Díaz Fernández, funcionaria do concello de Castroverde.
O Tribunal constituirase o día 23 de xullo de 2019 ás 9:30 horas.
Baleira, 8 de xullo de 2020.-O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 1461

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2020 14/07/2020
13/07/2020 08:00:00
13:46:34

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/07/2020

Page count61

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions