Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 158 sábado, 11 de xullo de 2020

BOP Lugo
Artigo 6. Participación das persoas usuarias no financiamento dos servizos O centro de atención ás persoas maiores financiaranse coa participación económica das persoas usuarias, mediante prezos públicos, os cales serán calculados en función da capacidade económica, cos límites establecidos na presente Ordenanza, así como na Ordenanza de prezo público aproba a tal efecto.
Artigo 7. Incompatibilidades.
Co fin de garantir a permanencia na contorna das persoas en situación de vulnerabilidade, poderase establecer a compatibilidade entre prestacións e servizos para apoio, coidados e atención. Esta compatibilidade esixirá unha valoración técnica favorable, sendo recollida expresamente no Informe de Valoración Social en diante, IVS, establecido na presente Ordenanza Anexo I.
A prestación dos servizos no centro de atención ás persoas maiores na tipoloxía de atención residencial será incompatible coa prestación dos servizos financiados por fondos públicos do Servizo de Axuda no Fogar e de Teleasistencia.
TITULO I. CENTRO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES NO ÁMBITO DOS
COMUNITARIOS

SERVIZOS SOCIAIS

CAPITULO I. ACCESO AO CENTRO DE ATENCIÓN AS PERSOAS MAIORES
Artigo 8. Requisitos xerais para ser usuario/a.
Serán requisitos indispensables para acceder ao servizos regulados nesta Ordenanza os seguintes:
a. Estar empadroado/a nalgún dos concellos da provincia de Lugo.
b. Atoparse nunha situación de necesidade, vulnerabilidade ou risco por razóns sociais ou sanitarias.

d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, enfermidade crónica en estado terminal ou que requira atención imprescindible nun centro hospitalario, ou nun centro de servizo sociais especializados.
e. Non padecer alteracións mentais ou perda de autocontrol predominante que poida perturbar gravemente a convivencia no centro e requira ser atendido nunha unidade especializada. No caso de persoas que poidan padecer algunha sintomatoloxía aditiva deberán, de cara a manter unha conduta axeitada e garantir o respecto sobre o dereitos do resto das persoas usuarias, recibir tratamento específico de desintoxicación e deshabituación por profesionais e/ou entidades especializadas.
Artigo 9. Requisitos específicos para ser usuario/a do servizo de atención residencial.
a. Ter cumpridos 65 anos e estar afectado/a por un deterioro físico ou relacional que faga aconsellable a súa atención nun centro dotado de servizos socio-sanitarios. Excepcionalmente, poderán acceder persoas maiores de 60 anos, que sexan pensionistas ou xubiladas, cando se atopen nunha situación que aconselle o acceso a este servizo. Dita excepcionalidade, deberá ser avaliada no correspondente IVS, que será emitido previa a proposta de resolución.
b. Acadar a puntuación mínima no Baremo de Valoración da Necesidade e Idoneidade, en diante BVNI Anexo II
de 120 puntos, agás que se acrediten circunstancias sanitarias e/ou sociais, que aconsellen non ter en conta dito requisito. En todo caso, será estritamente necesario que esta circunstancia estea avaliada no IVS e demais documentación xustificativa, e que teña conformidade da Comisión Mixta de Valoración.
c. Recoller a información respecto a situación de autonomía da persoa conforme ao Índice de Barthel Anexo III.
Artigo 10. Requisitos específicos para ser usuario/a do servizo de atención diúrna.
a Ter cumpridos 65 anos e estar nunha situación de vulnerabilidade, por razóns persoais ou socias que faga aconsellable a súa atención neste servizo. Excepcionalmente, poderán acceder persoas maiores de 60 anos, que sexan pensionistas ou xubiladas, cando se atopen nunha situación que aconselle o acceso a este servizo. Dita excepcionalidade, deberá ser avaliada no correspondente IVS, que será emitido previa a proposta de resolución.
b Precisar dunha serie de coidados persoais e/ou sociais, derivadas dunha situación de deterioro físico-psíquica e/ou sociofamiliar, que non permita a atención no seu domicilio, non sendo precisa unha atención permanente e continuada nun centro sanitario residencial ou centro rehabilitador.
c Recoller a información respecto a situación de autonomía da persoa conforme ao Índice de Barthel.
Artigo 11. Tramitación da solicitude.
O procedemento para o acceso aos servizos regulados na presente ordenanza iniciarase a pedimento de parte ou quen ostente a tutela da persoa solicitante. De forma moi excepcional e por razóns humanitarias, poderase iniciar os trámites de inicio de solicitude de oficio por parte do/a profesional de referencia dos servizos sociais de calquera das administracións locais da Provincia.
Designarase un centro xestor da solicitude, en función do empadroamento da persoa solicitante.

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2020 11/07/2020
10/07/2020 08:00:00
11:27:08

c. Acreditar o cumprimento dos requisitos específicos para ser persoa beneficiaria das diferentes prestacións que se recollen nos artigos seguintes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/07/2020

Page count71

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions