Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 158 sábado, 11 de xullo de 2020

BOP Lugo
TÍTULO PRELIMINAR: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto É obxecto da presente ordenanza:
a. Establecer os requisitos e condicións para o acceso aos servizos que se presten no centro de atención a persoas maiores O Castro do Concello de Castoverde.
b. Establecer o procedemento aplicable para a tramitación e adxudicación dos citados servizos, así como, determinar o réxime de incompatibilidades, e especificamente a intensidade no servizo de atención diúrna.
c. Aprobar o Baremo de Valoración da Necesidade e Idoneidade mediante o que se establecen os criterios que permitirán identificar ditas situacións, así como, establecer a orde de prelación no acceso aos servizos.
d. Determinar a autonomía da persoa beneficiaria para a realización das actividades da vida diaria.
e. Establecer as normas para o cálculo da capacidade económica e a participación no custo dos servizos.
Artigo 2. Carácter das prestacións Os centros de atención ás persoas maiores son establecementos públicos enmarcados dentro dos servizos sociais comunitarios específicos os cales prestarán servizos de atención diúrna, nocturna, integral de xeito permanente ou temporal ás persoas cunha idade igual ou superior ós 65 anos, ou, excepcionalmente ás persoas maiores de 60 anos, e necesiten de apoio ou axuda doutras para a realización das súas actividades da vida diaria. Así como, aquelas que por circunstancias persoais e/ou sociais poidan equipararse ás do mencionado colectivo, nun espazo e instalacións destinados e autorizados a tal fin, segundo o establecido na Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243 /1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención ás persoas maiores.

Defínense aos efectos desta ordenanza como servizos básicos os que a continuación se relacionan: aloxamento só para atención residencial; manutención e dietas; limpeza e mantemento das instalación; lavandería e xestión da roupa só para atención residencial; servizos de valoración, seguimento, avaliación; apoio nas actividades da vida diaria; atención sanitaria preventiva; rehabilitación funcional; estimulación cognitiva.
Consideraranse como servizos opcionais ou complementarios todos aqueles servizos que non estean considerados como servizos básicos na presente.
Artigo 3. Ámbito O ámbito de aplicación desta ordenanza é o centro de atención a persoas maiores O Castro do Concello de Castroverde, integrado por o Centro residencial de persoas maiores e o Centro de Atención Diúrna.
Artigo 4. Modalidade Os servizos prestados nos centros de atención ás persoas maiores prestaranse mediante xestión directa. Esta prestación poderá realizarse a través de recursos propios, a través de colaboracións interadministrativas e mediante as diferentes modalidades de contratación de servizos reguladas na normativa vixente en materia de contratación do sector público, con entidades debidamente autorizadas, para tal fin.
Artigo 5. Obxectivos O obxectivo xeral dos servizos é favorecer a permanencia e integración das persoas na súa contorna familiar e social habitual, que malia teren limitacións na súa autonomía ou por atoparse en situación de risco ou illamento social, precisan de atención directa, permanente ou temporal.
Os obxectivos específicos son:
a. Prestar unha atención especializada e global centrada na persoa, tratando de acadar o benestar biopsicosocial das mesmas.
b. Garantir a igualdade e a non discriminación por razóns de xénero, relixión, cultura ou por razóns económicas.
c. Previr as situacións de dependencia mediante o fomento da autonomía persoal.
d. Promover aquelas actividades que favorezan o envellecemento activo.
e. Ofrecer un apoio profesional ás persoas usuarias e as súas familias.
f. Favorecer a adaptación aos diferentes servizos.
g. Garantir a cobertura de necesidades da vida diaria das persoas.

Anuncio publicado en: Num BOP 158 año 2020 11/07/2020
10/07/2020 08:00:00
11:27:08

Os servizos aos que se refire a presente Ordenanza teñen carácter de prestacións técnicas e materiais de acordo co establecido na LSSG.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/07/2020

Page count71

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions