Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 156 xoves, 9 de xullo de 2020

BOP Lugo
b Recollida de suxestións dos usuarios e propostas de mellora.
c Aprobación dos documentos ou guías de boas prácticas en relación ao uso e as labores desenroladas nas hortas.
d Aprobación dos plans de mellora sobre a xestión do terreo que acaden un mellor rendemento dende o punto de vista da agroecoloxía.
e Calquera outra que xurda no desenvolvemento desta proposta.
16.- A Excma. Deputación de Lugo poderá inspeccionar en todo momento as instalacións co fin de acreditar o cumprimento das normas establecidas nesta proposta.
V. Destinatarios.
17.- Para poder acceder á autorización para o uso das hortas urbanas, débense cumprir os seguintes requisitos:
a Ser persoa física e maior de idade.
b Representante acreditado de asociacións que estean inscritas regulamentariamente no rexistro de Asociacións.
c Ser veciño de Lugo ou dalgún outro Concello lindeiro figurando como inscrito no padrón municipal correspondente.
d Estar exento de obrigas coas administracións públicas de calquera tipo.
VI. Prohibicións para resultar destinatario.
18.- Aínda que reunidas todas as condicións definidas no anterior punto, non poderán optar ao uso dunha horta as persoas que se atopen nos seguintes casos:

b Tras verse revocada a autorización de uso da horta a consecuencia da resolución dun expediente sancionador.
c Posuír terreos no concello de Lugo con potencialidade de ser cultivados, isto no caso de novas adxudicacións.
VII. Convocatoria.
19.- O procedemento aplicable ao outorgamento da licenza que habilite para ocupación das hortas e faculten para o seu uso e desfrute, realizarase en réxime de concorrencia, dado o número limitado das mesmas, mediante sorteo público entre tódalas solicitudes admitidas, previa tramitación da oportuna convocatoria.
20.- Poranse a disposición dos interesados, no Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, os modelos normalizados de instancias de solicitude.
21.- O procedemento de concesión de licenza resolverase pola Excma. Deputación de Lugo e terá a duración que se determine na correspondente convocatoria. Neste caso formúlase un prazo de 2 anos para poder manter vivo o interese e ser eficaces na revisión das potencialidades desta iniciativa e o funcionamento da mesma.
VIII. Presentación de solicitudes.
22.- As solicitudes presentaranse no Rexistro da Excma. Deputación de Lugo no prazo que se fixe na respectiva convocatoria acompañando a seguinte documentación:
a Fotocopia autenticada do DNI ou documento que legalmente lle substitúa, no caso das persoas físicas.
No caso de Asociación deberá presentar un representante acreditado da mesma e unha acreditación de que a asociación está inscrita no Rexistro de Asociacións.
b Declaración xurada de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas nesta proposta de ordenanza, con referencia sempre á data de expiración do prazo da presentación de solicitudes.
23.- A Excma. Deputación de Lugo comprobará de oficio, a ausencia de infraccións cometidas e o cumprimento de estar ao corrente das obrigas que consideren oportunas tanto no relativo ao uso dos hortos como das características establecidas para ser adxudicatario ou das prohibicións esixidas.
IX. Listaxe de admisión.
24.- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, exporase ao público a listaxe provisional de admitidos e excluídos, podendo presentarse reclamacións contra a mesma por espazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte á súa exposición no taboleiro de anuncios da Deputación de Lugo e tamén na web da Deputación de Lugo.
25.- Finalizado dito prazo e resoltas as reclamacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos e excluídos ao proceso de selección.

Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2020 09/07/2020
08/07/2020 08:00:00
11:28:27

a Aqueles que convivan con algunha persoa á cal se lle asignou unha horta. Entendendo que conviven todas aquelas persoas empadroadas nun mesmo domicilio.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/07/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions