Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 156 xoves, 9 de xullo de 2020

BOP Lugo
IV. Requisitos e Condicións de uso dos bens de dominio público.
10. Requisitos xerais.
10.1. Necesidade de título habilítante. Ninguén poderá ocupar bens de dominio público ou utilizalos sen título que o autorice. Dito título identificará tanto o ben cuxo uso se autoriza como á persoa autorizada.
10.2. Tipo uso. Dadas as características especiais de protección da natureza que presentan estas parcelas provinciais, o seu uso articulase preferentemente dentro da utilización común, a de carácter especial, xustificado pola especial necesidade dun control ad hoc da Administración e normal por tratarse dun uso conforme co destino principal do dominio público que se afecte.
O control do seu aproveitamento estará xestionado polo Servizo de Medio Ambiente segundo o recollido neste regulamento e reservándose a realizar as esixencias necesarias para o correcto funcionamento deste espazo.
10.3. Outorgamento de autorización. A autorización demanial poderá outorgarse directamente ao único peticionario ao teor do artigo 92.1 da Lei 33/2003 LPAP. Se son varios os peticionarios, a través dun procedemento de concorrencia ou no seu caso mediante a celebración dun sorteo.
10.4. Contido mínimo das autorizacións. artigo 92.7 da lei 33/2003 de 3 de novembro do Patrimonio das administracións públicas.
a. Réxime do uso do ben. Rexerán as condicións establecidas polo Servizo de Medio Ambiente.
b. Réxime económico. Será gratuíto en próximas adxudicacións debido ao fin social que dende esta Administración se pretende para este ben.

d. Corresponde ao autorizado previa obtención, a súa costa , de cantas licenzas e permisos o uso do ben ou a actividade a realizar sobre o mesmo.
e. Aceptación de que a autorización poderá ser revocada unilateralmente por esta Entidade provincial en calquera momento por razóns de interese público, sen xerar dereito a indemnización, cando resulte incompatible con condicións xerais aprobadas con posterioridade, se produzan danos no dominio público ou impida a utilización para actividades de maior interese público ou menoscaben o uso xeral.
f. Réxime de penalidades e sancións se procedese.
g. Causas da extinción das autorizacións sinalando ademais das previstas no artigo 100 da lei 33/03 do Patrimonio das Administracións Públicas entre outras: o incumprimento dos termos da autorización redactados;
a revogación unilateral; o vencemento do prazo autorizado.
11.- A autorización do uso da horta para o seu cultivo non supón en ningún caso a transmisión da propiedade do terreo, que seguirá sendo sempre de titularidade da Excma. Deputación de Lugo.
12.- A autorización do uso é persoal e intransferible e só producirá efecto mentres concorran as condicións sinaladas nos artigos seguintes.
13.- As obras precisas para a conservación e mellora das instalacións serán por conta da Administración.
14.- A cada parcela correspóndelle un número que ven reflectido no plano axunto a este regulamento e que rexerá o outorgamento e orde dos hortos e será o válido á hora de asignar as parcelas. A adxudicación da parcela leva implícita á asignación correspondente da caseta para os apeiros.
15.- A efectos de realizar un seguimento na xestión das hortas, e co fin de acreditar a conformidade das labores realizadas polos usuarios ao establecido neste regulamento e demais normativa que poida resultar de aplicación, e sen prexuízo das responsabilidades que poidan recaer sobre os adxudicatarios das hortas nos termos recollidos nos apartados 22 ao 24, debérase constituír un Consello de Hortas o cal debera estar integrado por:
a Presidente. O responsable último perante a Administración. Deputado ou técnico da Área de medio ambiente.
b Secretario. O técnico responsable das hortas resultante da decisión de xestión que adopte a administración temporal para dito traballo.
c Vogais. Dous membros resultantes da elección entre os usuarios das hortas.
Haberá un Consello de Hortas, para o espazo dos hortos sitos no espazo de Paradai e outro Consello para os hortos que se atopan no Parque do río Rato.
Dito consello reunirase semestralmente de xeito ordinario ou de xeito extraordinario a iniciativa da metade dos seus membros e terá as seguintes atribucións:
a Seguimento e funcionamento do programa.

Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2020 09/07/2020
08/07/2020 08:00:00
11:28:27

c. Asunción dos gastos de conservación e de mantemento, co compromiso de utilizar o ben Provincial, segundo a súa natureza, para os fins e actividades de utilidade pública e interese social interesados polo autorizado e de entregalo no estado no que o recibe. A tales efectos esta Entidade Provincial resérvase o dereito a inspeccionar os bens obxecto desta autorización en garantía do cumprimento dos seus termos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/07/2020

Page count34

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions