Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 198 sábado, 28 de agosto de 2021

BOP Lugo
Artigo 5. Obxecto O presente Acordo, regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo dentro do seu ámbito de aplicación e derroga as normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ao seu contido.
Artigo 6. Carácter O Acordo ten un carácter necesario e indivisible para todos os efectos, no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.
Artigo 7. Condicións máis beneficiosas Enténdese este Acordo como o marco global máis favorable. A Comisión de Seguimento e Interpretación estudará, caso por caso, a aplicación a persoas determinadas de condicións laborais máis beneficiosas que estean recoñecidas con anterioridade á entrada en vigor do mesmo.
As condicións do presente Acordo teñen carácter complementario da normativa vixente no Réxime aplicable ao persoal funcionario e laboral ao servizo das administracións locais de Galicia. E todo caso, as melloras establecidas ou que se establezan noutras disposicións de calquera rango que afecten no seu ámbito ao persoal funcionario e laboral ao servizo das Administracións Locais de Galicia, serán de aplicación ao persoal do Concello do Saviñao, consonte ao principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa, sen prexuízo das actualizacións e adaptacións a que fai referencia o artigo 13.d deste convenio.
Non obstante, as condicións do presente acordo non serán eficaces no suposto de colisión coa normativa estatal ou autonómica aplicable aos empregados/as públicos.
Artigo 8. Irrenunciabilidade Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos/as traballadores/as de calquera beneficio establecido no Acordo.

Como norma xeral, unha vez aplicado o Acordo, e trala consulta á Comisión de seguimento e interpretación, tódalas condicións establecidas no mesmo, en caso de dúbida, ambigidade ou escuridade, en canto ao seu sentido e alcance, terán que ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os/as traballadores/as, con sometemento pleno á lei e ao dereito.
Artigo 10. Aplicación directa As partes signatarias do Acordo comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.
Artigo 11. Publicidade do Acordo Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia a publicidade do presente texto farase por conta do Concello, dando coñecemento do mesmo a todo o persoal; a tales efectos procederase á súa publicación oficial na web, así como ao reparto dunha copia en papel ao persoal que non teña acceso á mesma.
Artigo 12. Conflitividade laboral Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflitivas de carácter colectivo, as partes asinantes do Convenio comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo á Comisión de seguimento, constituída segundo o establecido no capítulo seguinte.
CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL
Artigo 13. Comisión paritaria de control e seguimento 1. Trala entrada en vigor deste Acordo constituírase unha Comisión Paritaria de control e seguimento. Na súa composición, que será paritaria, estarán presentes representantes das partes negociadoras e asinantes do Convenio.
2. Correspondéndolle expresamente as seguintes funcións:
a Interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do Acordo.
b Vixiar o cumprimento do pactado e denunciar, no seu caso, os incumprimentos.
c Estudar, propor e, cando proceda, resolver aquelas cuestións ou reclamacións que, de común acordo, lle sexan sometidas polas partes.
d Actualizar o contido do presente Acordo para adaptalo ás modificacións que poidan derivarse de cambios normativos ou de acordos ou pactos subscritos entre as administracións públicas e os sindicatos.
e Facer o seguimento e, no seu caso, desenvolvemento da aplicación do Acordo. A tal efecto emitirá, cando o considere conveniente, un informe sobre estes extremos.

Anuncio publicado en: Num BOP 198 año 2021 28/08/2021
27/08/2021 08:00:00
12:55:11

Artigo 9. Aplicación favorable

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/08/2021

Page count59

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions