Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 192 sábado, 21 de agosto de 2021

BOP Lugo
Para o cobramento dos citados tributos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, éstos seránlles cargados nas contas bancarias respectivas o día 6 de outubro de 2021
Para o resto dos contribuintes, os documentos de cobro seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pagamento en calquera oficina de Correos, Abanca, Caixabank, BBVA, Banco Sabadell e Caixa Rural Galega. No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá persoarse nas oficinas municipais, sitas na Ronda da Muralla, nº 197- 2º andar Facenda Local, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectua-lo pagamento das débedas, poderase realizar o mesmo incrementado cun 5% de recargo executivo ata o día 22 de Novembro de 2021, utilizando o mesmo recibo, en calquera das oficinas de Correos, Abanca, Caixabank, BBVA, Banco Sabadell e Caixa Rural Galega; todo elo sen perxuizo de que se poida iniciar o procedemento de constrinximento, co recargo, xuros e custas que se poideran producir Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria Lugo, 04 de agosto de 2021.- A TENENTA DE ALCALDESA DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNANZA, ECONOMÍA E
RECURSOS HUMANOS.- Por substitución.- O TENENTE DE ALCALDESA DELEGADO DA ÁREA DE MEDIO RURAL E
DEPORTES, Miguel Fernández Méndez.
R. 2458

MURAS
Anuncio
A o non haberse presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo adoptado polo Pleno celebrado o 30 de xuño de 2021 de aprobación da Ordenanza fiscal reguladora do Prezo Público pola prestación do servizo de punto de atención á infancia do Concello de Muras, cuxo texto íntegro se fai público, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PUNTO DE ATENCIÓN Á
INFANCIA DO CONCELLO DE MURAS
Artigo 1.-Concepto.
De conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Muras establece o prezo público pola prestación do Servizo de Atención á Infancia.
Artigo2.- Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible do prezo público dende que se se inicia a estancia ou asistencia dos usuarios no servizo de Atención á Infancia deste concello de Muras Artigo 3.- Suxeitos Pasivos.
Están obrigados ó pagamento das cantidades que se establecen como prezo na presente regulación os pais/nais dos nenos/as en situación de alta no P.A.I. e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 4.-Prezos.
Os prezos polos servizos prestados no Punto de Atención á Infancia de Muras serán os establecidos no Decreto 49/2012, do 19 de Xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Política Social, e que se actualizaron mediante a Resolución da Axencia Galega de Servizos Sociais do 10 de maio de 2017.
Os prezos públicos aprobados ANEXO I desta Ordenanza.

publicarase anualmente na páxina web do Concello e no B.O.P. de Lugo, como
Artigo 5.- Pagamento.
a O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo 6 da presente regulación, realizarase mensualmente nos dez primeiros días do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó dito mes ingresarase nos dez días seguintes á data de ingreso. Ademais, no caso de que o ingreso se produza con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50%.

Anuncio publicado en: Num BOP 192 año 2021 21/08/2021
20/08/2021 08:00:00
11:15:50

Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora do Prezo Público pola prestación do servizo de punto de atención á infancia do Concello de Muras.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/08/2021

Page count30

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions