Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 184 xoves, 12 de agosto de 2021

BOP Lugo
Artigo 32.- Normas xerais 1. As bicicletas circularán polos espazos especificamente a elas destinados ou autorizados e cando estes non existan, obrigatoriamente pola calzada, permitíndose a circulación en paralelo salvo nos tramos de visibilidade reducida, estreitos ou afectados de alta densidade de tráfico.
Nas vías en que exista beiravía circularán pola da súa dereita se fose practicable.
Queda prohibida a súa circulación polas vías e espazos peonís.
2. O Órgano de Goberno Municipal competente no ámbito de tráfico poderá crear espazos reservados para circulación exclusiva de bicicletas que se denominarán carrís bici e que se sinalizarán especificamente como tales.
As bicicletas que circulen por estes respectarán a sinalización, a ordenación do tránsito e as normas de prioridade de paso previstas para o resto de vehículos.
3. Nos espazos segregados do tráfico, parques, xardíns ou bosques, poderanse crear sendas ciclables, as cales terán que estar especificamente sinalizadas como tales e nelas as bicicletas poderán circular compartindo espazo cos peóns.
4. Cando teñan que circular pola calzada, farano polo carril máis próximo á beirarrúa, excluídos os reservados ao transporte público Carril Bus, podendo ocupar a parte central destes, e gozarán das prioridades de paso que teñen os vehículos segundo as vixentes normas de tránsito. No caso de xiro autorizado á esquerda os ciclistas poderán facer uso dos carrís de xiro que sexan procedentes.
5. Os peóns poderán cruzar os carrís bici, pero non os poderán ocupar nin camiñar sobre eles. Fóra dos pasos peonís convenientemente sinalizados, a preferencia de paso é das bicicletas.

7. Os ciclistas poden circular en grupo cando o fagan pola calzada, nese caso consideraranse como unha única unidade móbil para os efectos de prioridade.
Artigo 37.- Circulación de aparellos de mobilidade persoal específicos para desprazamento de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.
Os usuarios que por razóns de discapacidade ou por outras causas similares fagan uso de aparellos de mobilidade persoal, con ou sen motor, para realizar os seus desprazamentos, teñen a consideración peóns polo que o seu comportamento rexerase polas normas que afectan a estes.
Artigo 38.- Circulación de aparellos de mobilidade persoal e doutros tipos de enxeños mecánicos.
1. Considerásense como tales aos enxeños mecánicos sen motor e aos de motor eléctrico como os patines eléctricos de calquera tipo, segways, e análogos, debidamente homologados e autorizados conforme á normativa vixente así como todos os que teñan a consideración legal de vehículos de mobilidade persoal.
Exceptúanse os de uso infantil ou que podan ser considerados como xoguetes.
2. Os que utilicen monopatines, patines ou aparellos similares non poderán circular pola calzada nin polos espazos e rúas peonís, salvo que se trate de zonas, vías o partes de éstas que lles estén especialmente destinadas, e sólo poderán circular a paso de persoa polas beirarrúas o polas rúas residenciais debidamente sinalizadas, sin que en ningún caso se permita que sexan arrastrados por otros vehículos. No seu tránsito deberán acomodar a súa marcha á dos peóns, evitando en todo momento causar molestias ou crear perigo e en ningún caso gozarán de prioridade respecto de os peóns.
3. Todos os aparellos de mobilidade persoal e outros tipos de enxeños mecánicos que non sexan monopatines, patines ou aparellos similares, circularán polos espazos especificamente a elas destinados ou autorizados e cando estes non existan, obrigatoriamente pola calzada. Non poderán circular pola beirarrúa nin por rúas e espazos peonis e no seu tránsito deberán respectar a totalidade da sinalización que lles afecte así como calquera norma de comportamento na circulación e uso da vía prevista na normativa en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade vial.
4. Ademáis da prohibición anterior, tampouco poderán circular polas vías que teñan a consideración de travesías nin polas vias interurbanas e autopistas e autovías que transcurran dentro de poblado, así como polos túneles urbanos.
5. Con estes aparellos de mobilidade persoal e enxeños mecánicos non se pode circular sobre o mobiliario urbano, tales como bancos, varandas ou similares, nin sendo arrastrados por outros vehículos.
Artigo 45.- Velocidades nas vías públicas 1. As velocidades máximas xenéricas a que se poderá circular en vías urbanas serán as seguintes:
a 20 km/h en vías que dispoñan de plataforma única de calzada y beirarrúa.

Anuncio publicado en: Num BOP 184 año 2021 12/08/2021
11/08/2021 08:00:00
10:47:45

6. Con carácter xeral, os ciclistas non poderán circular a velocidade superior aos 30 Km/h nas vías obxecto de regulación pola presente ordenanza. Quedan obrigados a respectar as limitacións inferiores, tanto xenéricas como específicas, que afecten á vía pola que circulen.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/08/2021

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions