Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/08/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 177 mércores, 4 de agosto de 2021

BOP Lugo
Lugo, 29 de xullo de 2021.- EXCMA. SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, DONA LARA
MÉNDEZ LÓPEZ.
R. 2310

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio EXPOSICIÓN DA CONTA XERAL
Unha vez formada a Conta Xeral do exercicio 2020, integrada pola do Concello e pola do organismo autónomo Instituto Municipal de Drogodependencias, logo de ser ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas o 21/07/2021, exponse ó público, xunto cos xustificantes e o ditame da Comisión, polo prazo de quince días hábiles, para que durante os cales e oito días máis, os interesados poidan presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes, de conformidade co artigo 212.3 do RD Lex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Monforte de Lemos, 28 de xullo de 2021.- O Alcalde, José Tomé Roca.
R. 2297

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 26 de xullo do 2021, o REGULAMENTO
DE FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA MESTRE IBÁÑEZ, exponse ao público a efectos de información pública e audiencia aos interesados por prazo de trinta días, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales poderán presentarse reclamacións e suxestións, de conformidade co previsto no art.49 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Monforte de Lemos, 28 de xullo de 2021.- O Alcalde, José Tomé Roca.
R. 2298

MURAS
Anuncio BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 AXENTE DESENVOLVEMENTO
LOCAL CON CARGO AO PROGRAMA DENOMINADO FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE LUGO CON
CARGO AO PLAN UNICO 2021
1º.- Obxecto da convocatoria.
É obxecto da convocatoria, a selección de persoal para contratación laboral por obras e servizos, en base os criterios de publicidade de convocatoria, mérito e capacidade dos candidatos de conformidade co establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, Real Decreto Lexislativo 781/1986, texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións de aplicación.
En canto a regulación das condicións do contrato estarase ó disposto no Real decreto Lexislativo 2/2015, de 23
de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos Traballadores.
2º.- Características do contrato.
A finalidade da contratación deste persoal dentro do programa de Fomento de Emprego da Excma. Deputación de Lugo con cargo ao Plan Unico 2021, é:
a Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos nichos de emprego.
b Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo acciones de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.

Anuncio publicado en: Num BOP 177 año 2021 04/08/2021
03/08/2021 08:00:00
11:26:07

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/08/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/08/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions