Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 223 luns, 28 de setembro de 2020

BOP Lugo
TERCEIRO.- As subvención aos Grupos Políticos Municipais queda según o establecido no arcordo plenario de data 22.08.2019.
Os Grupos, de conformidade con canto se establece polo artigo 73.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, deberán levar unha contabilidade específica destas aportacións, téndoa á disposición do Pleno cando sexa requirida.
Monterroso, 21 de setembro de 2020.- A Alcaldesa, Rocío Seijas Vázquez.
R. 2212

Anuncio Información pública O Pleno realizado en sesión extraordinaria o pasado 11 de setembro de dous mil vinte adoptou entre outros o seguinte acordo:
Visto que con data 07.09.2020, por Providencia de Alcaldía, iniciouse do expediente de recoñecemento de dedicación exclusiva ou parcial aos membros da Corporación.
Visto que con data se emitiu informe de Secretaría sobre a Lexislación aplicable e o procedemento a seguir.
Visto que con data 08.09.2020 a Alcaldía elaborou una memoria-proposta respecto diso.
Visto que se emitiu informe por Intervención acerca da existencia de consignación suficiente e axeitada no Orzamento municipal vixente para atender ás retribucións dos cargos propostos.

PRIMEIRO. Determinar que os cargos de alcaldía e concelleiro de Medio Ambiente, parques e xardíns, xestión da área recreativa da Peneda, GES, limpeza viaria, alumeado público, feiras e mercados e Urbanismo e concelleiro de Obras e infraestruturas, Medio rural e incendios, Desenvolvemento industrial e dinamización económica realicen as súas funcións en réxime de dedicación total e parcial polos seguintes motivos: no caso da sra.
Alcaldesa pola súa dedicación total ao cargo 100 % que desempeña sen ocupar outro cargo ou profesión retribuída e no suposto das dúas dedicacións parciais dun 60% respecto do total da xornada laboral debendo ter una presenza efectiva mínima no Concello de 22,5 horas semanais.
SEGUNDO. Establecer a favor dos membros da Corporación que desempeñen os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva, as retribucións que a continuación se relacionan, que se percibirán en catorce pagas, doce correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e os dous restantes correspondentes ás mensualidades de xuño e decembro, e darlles de alta no réxime xeral da Seguridade Social, debendo asumir esta Corporación o pago das cotas empresariais que corresponda.
-O cargo de alcaldesa, percibirá una retribución mensual bruta de 2.500 €.
TERCEIRO. Establecer a favor dos membros da Corporación que desempeñen os seus cargos en réxime de dedicación parcial 60%, as retribucións que a continuación se relacionan, que se percibirán en catorce pagas, doce correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e os dous restantes correspondentes ás mensualidades de xuño e decembro, e darlles de alta no réxime xeral da Seguridade Social, debendo asumir esta Corporación o pago das cotas empresariais que corresponda.
O cargo de concelleiro de Medio Ambiente, parques e xardíns, xestión da área recreativa da Peneda, GES, limpeza viaria, alumeado público, feiras e mercados e Urbanismo, percibirá una retribución mensual bruta de 1.500 €.
O cargo de concelleiro de Obras e infraestruturas, Medio rural e incendios, Desenvolvemento industrial e dinamización económica, percibirá una retribución mensual bruta de 1.500 €.
CUARTO. Publicar de forma íntegra no Boletín Oficial da Provincia o Acordo do Pleno, aos efectos do seu xeral coñecemento.
Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello dirección https
monterroso.sedelectronica.es.
QUINTO. Notificar devandito Acordo aos interesados e ao Servizo de persoal e intervención para o seu coñecemento e efectos Monterroso, 21 de setembro de 2020.- A Alcaldesa, Rocío Seijas Vázquez.
R. 2213

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2020 28/09/2020
25/09/2020 08:00:00
12:11:45

O Pleno da Corporación adoptou o acordo seguinte:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930