Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 17 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 214

CONCELLOS
BURELA
Anuncio APROBACIÓN INICIAL DO INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E DEREITOS DO CONCELLO DE BURELA.
No Boletín Oficial da Provincial de Lugo número 209 de data venres 11 de setembro de 2020 foi publicado un anuncio de aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Burela que contiña información errada. Aos efectos pertinentes, publicase de novo anuncio coa información corrixida, computándose calquera prazo desde a publicación deste anuncio.
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria realizada o día 30 de abril de 2020, aprobou inicialmente o Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Burela nos termos en que foi confeccionado.

Burela, 14 de setembro de 2020.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 2125

MEIRA
Anuncio RESOLUCIÓN NÚMERO 319/2020 DO ALCALDE DO CONCELLO DE MEIRA DE NOMEAMENTO DE ALCALDE
ACCIDENTAL.
I.- FEITOS:
Primeiro.- Por Acordo plenario de data 15 de xuño do 2019, foi nomeado Alcalde do Concello de Meira don Antonio de Dios Álvarez.
Segundo.- Alcalde do Concello de Meira ten previsto desfrutar do período vacacional anual do ano 2020 no período comprendido entre o día 15 de setembro ao 14 de outubro do 2020.
II.- FUNDAMENTOS:
Primeiro.- O artigo 23 da Lei 7/1785, do 2 de abril, de bases do réxime local, establece que:
Os Tenentes de Alcalde substitúen, pola orde do seu nomeamento e nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, ao Alcalde, sendo libremente designados e removidos por este de entre os membros da Xunta de Goberno Local e, onde esta non exista, de entre os Concelleiros.
Segundo.- O artigo 63 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, sinala que:
Corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Terceiro.- O artigo 44 do Real decreto 2568/1986, do 11 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, sinala que:
1. Todas as delegacións a que se refire o artigo anterior serán realizadas mediante Decreto do Alcalde que conterá o ámbito dos asuntos a que se refire a delegación, as facultades que se deleguen, así como as condicións específicas de exercicio das mesmas, na medida en que se concreten ou aparten do réxime xeral previsto neste Regulamento.

Anuncio publicado en: Num BOP 214 año 2020 17/09/2020
16/09/2020 08:00:00
13:07:06

O que se somete a información pública coa finalidade de que os interesados poidan presentar reclamacións ou suxestións, no prazo de 2 meses computados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, e que serán resoltas pola Corporación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/09/2020

Page count5

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930