Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

28

Núm. 223 luns, 28 de setembro de 2020

BOP Lugo
O VICEDO
Anuncio Por Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria celebrada o pasado 17 de setembro de 2020, prestouse aprobación ós padróns que abaixo se relacionan, todos correspondentes ó 1º semestre de 2020, a saber:
-

Taxa por subministro de auga.

-

Taxa por recollida de lixo.

-

Taxa por prestación do servizo de rede de sumidoiros.

-

Canon auga Xunta de Galicia
Expóñense ó público nas oficinas municipais durante o prazo de 15 días, que se computarán a partir da publicación deste anuncio no BOP de Lugo.
Durante o prazo de 1 mes, a contar dende o día seguinte ó da terminación da exposición ó público, poderase presentar recurso de reposición de conformidade co artigo 108 da Lei 7/85, de 2 de abril, e artigo 14.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Contra a desestimación do recurso de reposición poderase presentar recurso contencioso-administrativo no prazo de 2 meses, que se computarán a partir da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou de 6 meses, dende que se entenda producida a desestimación presunta de este. Igualmente, poderase interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.

As liquidacións non pagadas en período voluntario serán esixidas polo procedemento de constrinximento e aplicaranse as recargas correspondentes, así como os demais gastos e custes que procedan ata o día do ingreso da débeda tributaria correspondente artigo 28 da Lei 58/2003, No suposto do canon da auga da Xunta de Galicia, a falta de pagamento no período voluntario suporá a esixencia do canon da auga directamente ó contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
Este anuncio ten carácter de notificación colectiva de conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003.
O Vicedo, 21 de setembro de 2020.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez.
R. 2221

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2020 28/09/2020
25/09/2020 08:00:00
12:11:45

A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes dende que se produza a notificación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930