Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 12 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 210

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE FORMACIÓN, ENSINO E ECONOMÍA DO COÑECEMENTO
Anuncio CONVOCATORIA CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
PARA O ANO 2020

Aprobadas as accións formativas de Formación Continua da Deputación Provincial de Lugo para o 2020 na Mesa Provincial de Formación, en reunión mantida o 11/06/2020, e mediante Resolución da Presidencia de 21/07/2020 a Área de Formación, Ensino e Economía do coñecemento propón a publicación da súa convocatoria, bases e anexos no BOP das seguintes accións formativas:
-

01.03.01.20 REGULAMENTO EUROPEO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS E A NOVA LEI ORGÁNICA DE
PROTECCIÓN DE DATOS 3/2018. MODALIDADE EN LIÑA

-

01.06.01.20 OFIMÁTICA CON LIBREOFFICE WRITER. NIVEL AVANZADO. MODALIDADE EN LIÑA

-

01.07.01.20 OFIMÁTICA CON LIBREOFFICE CALC. NIVEL AVANZADO. MODALIDADE PRESENCIAL

-

01.08.01.20 MANIPULADOR/A DE PRODUTOS FITOSANITARIOS. NIVEL BÁSICO. MODALIDADE EN LIÑA

-

01.09.01.20 COMO OPTIMIZAR OS PROXECTOS COA METODOLOXÍA BIM. MODALIDE PRESENCIAL

-

01.11.01.20 OPERADOR/A DE VEHÍCULOS E MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRA. MODALIDADE PRESENCIAL

As características e contidos específicos deste curso detállase no anexo I e desenvolverase de acordo coas seguintes:
BASES XERAIS
PRIMEIRA.- SOLICITUDES
1. O persoal que desexe participar neste curso presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP. Todos os campos son de obrigatoria cumprimentación. No caso dos cursos que teñan lugar dentro do horario laboral é obrigatoria a sinatura do superior xerárquico, alcalde ou presidente así como o selo da entidade.
2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 23 DE SETEMBRO DE 2020 ÁS 12:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
4. A dita documentación dirixirase ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Sección de Formación, por:
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

-

Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo.

-

Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org
-

E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 210 año 2020 12/09/2020
11/09/2020 08:00:00
13:28:09

A Escola Galega de Administración Pública EGAP, mediante Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2020, no marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 19 de maio de 2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930