Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 18 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 215

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, E MEMORIA HISTÓRICA
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA PARA A INSCRICIÓN, ADMISIÓN E SELECCIÓN DOS E DAS ARTESÁS
PARTICIPANTES NA MOSTRA DE ARTESANÍA ARTESANFROILÁN 2020, DA ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA
E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA.
PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen como obxecto establecer as condicións de participación dos e das artesás da mostra ARTESANFROILÁN 2020 organizada polo Centro de Artesanía e Deseño en adiante centrAD da Área de Deportes, Artesanía e Deseño, e Memoria Histórica da Deputación de Lugo.

A presente convocatoria está aberta a todos os artesáns e artesás da provincia de Lugo para participar na mostra ARTESANFROILÁN 2020, para o cal todas as persoas interesadas deberán cumprir cos requisitos establecidos nas presentes bases.
Para os efectos destas bases, poderán participar as e os artesáns que realicen calquera actividade recollida no Anexo IV do Decreto 218/2001, de 7 de setembro polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía, agás os que realicen actividades da súa división 15 industrias de produtos alimenticios e bebidas.
A participación nesta Mostra está reservada a artesás e artesáns cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha determinada materia prima; entendéndose este proceso como un cambio substancial na referida materia.
TERCEIRA: LUGAR, DATA E CARACTERÍSTICAS
A mostra desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez de Lugo, entre os días 2 e 12 de outubro de 2020, en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h A Mostra estará formada por 24 postos de 3x2 metros, cada un deles con cadro eléctrico, iluminación e un enchufe para o uso do artesán/artesá expositor.
Como consecuencia das medidas adoptadas pola declaración do estado de alarma decretado o 14 de marzo de 2020, a través do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 que supuxo a práctica paralización de toda a actividade non esencial, e derivado disto, non se puideron celebrar actividades con afluencia de persoas durante este período, sufríndose asimesmo importantes restricións de asistencia de público nas seguintes a dita declaración, feito que prexudicou seriamente ao sector artesán da provincia de Lugo, que ten como unha das principais fontes de ingresos económicos a participación en diferentes mostras e feiras adicadas a ditas actividades ó longo do ano.
Como cosecuencia de todo elo e dadas estas excepcionais circunstancias, non se establecen os prezos públicos que se teñen aplicado en edicións anteriores á celebración da mostra Artesanfroilán 2020, de maneira que se poida axudar a paliar as repercusións económicas que dita pandemia ten na economía dos artesáns.
CUARTA: CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
-As persoas interesadas en participar na mostra ARTESANFROILÁN 2020 deberán presentar a solicitude coa documentación requerida no prazo e forma establecida nas presentes bases.
-Poderán participar individualmente ou conxuntamente, en cuxo caso deberase indicar expresamente na solicitude, e en consecuencia deberán achegar a documentación correspondente e esixible a cada participante.
-No suposto de participación conxunta e, de acordo coas indicacións na solicitude, o posto poderase compartir por un máximo de dous artesáns/artesás.
En todo caso, aqueles artesáns /artesás que decidan participar conxuntamente, deberán cumprir, respectivamente e por separado, todos e cada un dos requisitos esixidos. O incumprimento dos referidos
Anuncio publicado en: Num BOP 215 año 2020 18/09/2020
17/09/2020 08:00:00
14:11:21

SEGUNDA: PARTICIPANTES

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/09/2020

Page count19

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930