Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 8 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 206

CONCELLOS
LUGO
Anuncio De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local número 13/321 do 22/07/2020 apróbanse as bases polas que se regula a concesión de subvencións ás asociacións culturais e persoais xurídico privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura para o ano 2020, incluídas no Plan Estratéxico de subvencións 20-22 do Excmo. Concello de Lugo, por decreto da Alcaldesa número 2137/2020 do 08/04/2020.

Visto o artigo 25 da Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva que con carácter previo ao outorgamento de subvencións se aprobarán as correspondentes bases reguladoras de subvencións.
Visto o Plan estratéxico de Subvencións.Actualización 2020-2022, aprobado por Decreto da Alcaldesa Presidenta núm. 2137/2020 de data 8-04-2020 e ratificado polo Pleno extraordinario de data 16-04-2020.
Vistos:
Informe-proposta da Sección de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de data 17 de xuño de 2020.
Informe favorable do Xefe de Servicio de Contratación e Patrimonio de data 6 de xullo de 2020.
Informe favorable da Intervención de Fondos Nº 2020/531 de data 15 de xullo de 2020 relativa á fiscalización previa limitada.
Certificación de existencia de crédito da Tesourería municipal de data 3 de xuño de 2020:RC Ref 54847/2020
por importe de 14.900,00 euros.-Aplicación Orzamentaria 33000.48900.
Con base no exposto e visto e visto que a Xunta de Goberno Local resérvase segundo o acordo 28/452 de data dezasete de xullo de dous mil dezanove, o exercicio das atribucións.
A Xunta de Goberno Local, no uso das súas atribucións, con base na proposta do referido servizo conformada polo Ilmo. Sr. Tenente de Alcalde Delegado da área de Goberno de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas e por unanimidade dos seguintes asistentes: Excmo. Sr. D. RUBÉN ARROXO FERNÁNDEZ, Alcalde Presidente en funcións do Concello de Lugo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; Ilmo. Sr. D. ÁLVARO SANTOS
RAMOS, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Local Sostible GMPSdeGPSOE; Ilma. Sra. D MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos GMPSdeG-PSOE; Ilmo. Sr. D. MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ, Tenente de Alcaldesa Delegado da Área de Goberno de Medio Rural e Deportes GMPSdeG-PSOE; Ilma. Sra. D.
ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Cohesión Social GMPSdeG-PSOE e a Ilma. Sra. D. MARÍA CRISTINA LÓPEZ FERNÁNDEZ, Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Goberno de Participación e Servizos para a Veciñanza GMBNG, ACORDA:
PRIMEIRO.- Que á vista da aprobación da actualización do Plan estratéxico de subvencións 2020-2022, en réxime de concorrencia competitiva, mediante decreto da alcaldía núm. 2137/2020 de data 8 de abril de 2020, e ratificado polo Excmo.Concello Pleno de data 16 de abril de 2020, se proceda á convocatoria e a aprobación das Bases, para o exercicio 2020 de subvencións ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos culturais Área de Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua e para o desenvolvemento de programas e actividades culturais de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades de conformidade coas bases establecidas neste procedemento de concorrencia competitiva.

Anuncio publicado en: Num BOP 206 año 2020 08/09/2020
07/09/2020 08:00:00
13:00:00

O outorgamento de subvencións é unha técnica de fomento de determinadas actuacións e actividades que se consideran de utilidade pública ou de interese social, e que a través dun procedemento de concorrencia competitiva axustada aos principios de obxectividade, transparencia e publicidade permite desenvolver, a través de entidades privadas, actividades que complementan as competencias propias que lle corresponderían ao Concello, como é neste caso a prestación de servicios culturais, etc.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/09/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions