Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 223 luns, 28 de setembro de 2020

BOP Lugo
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: No Rexistro do Concello da Fonsagrada. En caso de presentar a solicitude por outros medios previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, deberán remitir comunicación por fax ao Concello 982340001 dentro do prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación será de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Requisitos: Os establecidos nas bases da convocatoria.
As bases completas da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello da Fonsagrada www.afonsagrada.org A Fonsagrada, 23 de setembro de 2020.- O alcalde, Carlos López López.
R. 2249

MONTERROSO
Anuncio Información Pública O Pleno realizado en sesión extraordinaria o pasado 11 de setembro adoptou entre outros o seguinte acordo:
De conformidade con canto se establece polo artigo 75 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, polo 225 da Lei de administración local de Galicia e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, os membros das Corporacións locais poden recibir con cargo ó orzamento municipal as indemnizacións que nesas normas se establecen.

PRIMEIRO.- Establecer as seguintes indemnizacións:
1º.- ASISTENCIAS: Os señores concelleiros que non teñan dedicación exclusiva, nin dedicación parcial, recibirán pola asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados de que formen parte, as indemnizacións por sesión seguintes:
- Pleno: 60 €.
- Xunta de Goberno Local: 120 €.
- Comisión Especial de Contas: 60 €.
Cando as sesións se celebren unha a continuación de outra, devengaranse asistencias tan so por unha delas.
2º.- GASTOS DE LOCOMOCIÓN: Os señores concelleiros recibirán nos supostos de viaxes oficiais, tanto dentro do termo municipal coma fora do mesmo, a cantidade de 0,19 euros dezanove céntimos por quilómetro percorrido.
3º.- AXUDAS DE CUSTO: Os señores concelleiros e o AlcaldePresidente recibirán axudas de custo nas seguintes contías.
A.- Por servizos fóra do municipio: Devengaranse as establecidas con carácter xeral na lexislación sobre indemnizacións por razón do servizo.
B.- Por servizos no termo municipal: Dentro do termo municipal somentes se devengarán gastos de locomoción por viaxes oficiais, realizado en vehículo propio. Non se devengarán axudas de custo.
SEGUNDO.- A xustificación das indemnizacións farase mediante a presentación dos seguintes documentos:
a.- Gastos de locomoción: Declaración responsable do membro da corporación na que figurará día, hora de saída e chegada, lugar, motivo do desprazamento e vehículo empregado.
Cando non se empregue vehículo propio abonarase a correspondente factura de Auto-Taxi, ou do medio de transporte empregado b.- Manutención: Declaración responsable do membro da corporación na que figurará día, hora de saída e chegada, lugar e servizo ou actividade desenvolvida.
Somentes se terá dereito a comida cando o servizo prestado ou a actividade desenvolvida teña unha duración mínima de cinco horas, con comezo antes das catorce horas e remate despois das dezaseis horas.
c.- Aloxamento e asimilados parquing, e desprazamentos sen vehículo propio: Á declaración responsable antes reseñada para devengar dieta por aloxamento, deberá de unirse a correspondente factura do establecemento e, no seu caso, do medio de transporte empregado.

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2020 28/09/2020
25/09/2020 08:00:00
12:11:45

O Pleno do Concello acordou:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930