Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 23 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 219

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 3 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados pola instalación eléctrica Parque eólico experimental NED 1 fase 200 KV e da súa liña eléctrica de evacuación 20kW, sito no concello da Pastoriza Lugo e promovido por Norvento Tecnología S.L.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, de 26 de decembro do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954 de Expropiación Forzosa.
Por razón do exposto, esta Xefatura Territorial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan o vindeiro 27 de outubro no concello da Pastoriza a partir das 10:00 a.m., como punto de xuntanza para, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podendo acompañarse dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta .
Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta Xefatura Territorial Rolda da Muralla 70, 27071 Lugo ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados artigo 56.2 do regulamento da Lei de Expropiación Forzosa.
Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o art.44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.
No expediente expropiatorio Norvento Tecnología, S.L, asumirá a condición de beneficiaria.
Lugo, 3 de setembro de 2020.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

Anuncio publicado en: Num BOP 219 año 2020 23/09/2020
22/09/2020 08:00:00
10:50:49

Por resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outórganse as autorizacións administrativas previa e de construción e declárase a utilidade pública do parque eólico experimental NED 1
fase 200KW e da súa liña eléctrica de evacuación 20 KW emprazado nos concello da Pastoriza, desta provincia, promovido pola sociedade Norvento Tecnología, S.L. DOG núm. 122, do 22 de xuño de 2020.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/09/2020

Page count21

Edition count3284

First edition01/03/2013

Last issue23/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930