Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 16 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 213

CONCELLOS
GUITIRIZ
Anuncio Aprobado por Decreto de Alcaldía o Padrón fiscal do servizo público de axuda no fogar SAF na modalidade de libre concorrencia e dependencia, correspondente aos meses de maio e xuño de 2020, polos seguintes importes:
- Modalidade libre concorrencia: 1.980,57 €
- Modalidade dependencia: 10.008,90 €

Contra o acordo de aprobación do correspondente Padrón, poderá interpoñerse con carácter perceptivo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado dende o día inmediato seguinte ó do remate da exposición pública do correspondente Padrón.
A cobranza en período voluntario das taxas do padrón do servizo público de axuda no fogar SAF na modalidade de libre concorrencia e dependencia correspondentes aos meses de maio e xuño de 2020, terá lugar dende o día 3/09/2020 ao 3/11/2020 ambos incluídos. Os recibos que figuran domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades para o seu cargo nas contas designadas polos contribuíntes.
A presente publicación surtirá efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Guitiriz, 3 de setembro de 2020 .-A Alcaldesa, María Sol Morandeira Morandeira.
R. 2104

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓNS FISCAIS 2020 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 7.09.2020 aprobáronse os seguintes padróns Fiscais:
-

Taxa pola prestación dos servizos no Cemiterio
-

Taxa polo aproveitamento especial do dominio público local con:

a Escaparates b Marquesiñas c Toldos d Colectores na vía pública -

Taxa por ocupación subsolo vía pública
-

Taxa por estacionamento nas vías públicas dos autotaxis e demais vehículos de alugueiro
-

Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de espazo na vía publica para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercancías de calquera clase
Anuncio publicado en: Num BOP 213 año 2020 16/09/2020
15/09/2020 08:00:00
11:15:48

O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP, ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobado no caso de que non se produzcan reclamacións contra o mesmo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/09/2020

Page count12

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930