Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 170 luns, 27 de xullo de 2020

BOP Lugo
MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 PARA O CONCELLO DE CERVANTES COMO PERSOAL LABORAL
TEMPORAL.
PRIMEIRA.-NORMAS XERAIS
1.1. Obxecto.
O obxecto das presentes bases é regular a contratación temporal de un traballador, coas seguintes categorías:
- Un xefe de brigada, co carné B, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cervantes no ano 2020.

-

O contrato de traballo concertarase cunha duración determinada ata a finalización da obra ou servizo, coa finalidade de dar cobertura ás vacantes que se produzan no devandito posto de traballo, con ocasión de baixas médicas derivadas de incapacidades temporais ou eventuais renuncias, a xornada completa, baixo a modalidade de contratación laboral temporal por obra ou servizo, segundo o establecido no Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.

1.2. Normas de aplicación: O procedemento regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.
1.3. O sistema de selección dos aspirantes será de concurso - oposición.
1.4. Publicidade: A presente convocatoria e as bases publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cervantes: https cervantes.sedelectronica.gal, ao igual que o resto das publicacións a que faga referencia a lexislación vixente. Publicarase a convocatoria no B.O.P. de Lugo.
SEGUNDA.-FUNCIÓNS
Brigada.- O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48.6 da Lei 3/2007 e o Pladiga. Os traballadores realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa destes, durante cada un dos meses de vixencia do contrato, con plena dispoñibilidade, incluíndo traballos en sábados, domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias. As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos:

Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participe nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007.

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

Realizar as labores de prevención, que consistirán na roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada ou a súa parte proporcional e desenvolveranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre as cales o concello teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute, ou superficies de propietario descoñecido. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES:
Os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se sinalan na data de finalización do prazo de presentación de instancias, tendo en conta que no prazo de corrección de defectos unicamente poderá corrixirse o requisito da non presentación do DNI, do carné de conducir e da titulación.

Anuncio publicado en: Num BOP 170 año 2020 27/07/2020
24/07/2020 08:00:00
13:33:45

A xornada de traballo será en quendas, incluídos sábados, domingos e festivos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/07/2020

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions