Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 169 venres, 24 de xullo de 2020

BOP Lugo
través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 5.235,77 €, correspondendo 650,40 € a libre concorrencia e 4.585,37 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase como período voluntario de cobramento o prazo de dous meses dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 14 de xullo de 2020.- O Alcalde Presidente, Alfredo Llano García.

CASTROVERDE
Anuncio Expediente 180/2020
BASES DA CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA O PROGRAMA DE
DESENVOLVEMENTO RURAL DO CONCELLO DE CASTROVERDE PDRC.
Base 1.- Obxecto As presentes bases teñen como obxecto a ordenación do procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva dentro do Programa de Desenvolvemento Rural do Concello de Castroverde PDRC, destinadas a persoas titulares de parcelas con vocación agraria e/ou forestal susceptibles para desenvolver a actividade de explotacións agrícolas e/ou gandeiras e/ou forestais do concello de Castroverde, coa finalidade de mellora da estrutura territorial agraria e forestal, da redución do abandono no ámbito dos núcleos rurais e nas súas contornas, e a redución da probabilidade de incendios, dentro do Municipio.
As actuacións consisten na agrupación da propiedade mediante a figura de permutas voluntarias entre persoas titulares de parcelas mínimo dúas persoas de vocación agraria e/ou forestal, que de forma voluntaria estean dispostas a realizar actuacións de agrupacións de parcelas catastrais.
As figuras de agrupación do solo contempladas son as seguintes:
A.- Permutas voluntarias de fincas sen modificación xeométrica das fincas resultantes.
As parcelas obxecto da permuta poderán estar nalgunha das parroquias do concello de Castroverde, pero a lo menos unha das parcelas deberá lindar con outra que sexa propiedade dalgún das persoas titulares da operación, de maneira que a permuta mellore obxectivamente a estrutura territorial, mediante a agregación de parcelas.
B.- Permutas voluntarias de fincas con modificación xeométrica das fincas resultantes.
Neste caso, procede realizar actos de segregación e agregación que están suxeitos a licenza municipal e que se solicitarán no Concello.
As subvencións ás que se refiren as presentes bases convócanse en réxime de concorrencia competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible.
Base 3.- Gastos subvencionables De conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia e no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de Novembro, xeral de subvencións, os gastos subvencionables
Anuncio publicado en: Num BOP 169 año 2020 24/07/2020
23/07/2020 08:00:00
13:27:37

R. 1578

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/07/2020

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions