Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 166 martes, 21 de xullo de 2020

BOP Lugo
Asimesmo faise saber ós contribuíntes e interesados de que a partir do vindeiro 20 de xullo e ata o 21 de setembro do ano 2020, ambos inclusive, pónse o cobro, en prazo voluntario, o padrón de subministración de auga e IVA
s/seu consumo, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon da auga correspondente ó segundo trimestre de 2020
Para o cobramento do mesmo, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, éstos seránlles cargados nas contas bancarias respectivas o día 05 de agosto de 2020
Para o resto dos contribuíntes, os documentos de cobro seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pago en calquera oficina de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell. No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais, sitas na Ronda da Muralla Nº197-planta baixa Negociado de Augas, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectua-lo pagamento das débedas, poderase realizar o mesmo incrementado cun 5% de recargo executivo ata o dia 20 de outubro de 2020, utilizando o mesmo recibo, en calquera das oficinas de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell; todo isto sen prexuízo de que se poida iniciar o procedemento de constrinximento, co recargo, xuros e custas que se poideran producir A falta de pago no periodo voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidad Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria Lugo, 8 de xullo de 2020.- A TENENTA DE ALCALDESA DA ÁREA DE GOBERNANZA: ECONOMÍA E RECURSOS
HUMANOS, Mercedes Paula Alvarellos Fondo.

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data do 03.07.2020, aprobouse o padrón fiscal correspondente ó mes de xuño de 2020 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 292,08 €, e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de 410,79 €.
Por medio do presente exponse ó público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anunico no BOP, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio, que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Recadación e na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Negueira de Muñiz, 3 de xullo de 2020.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.
R. 1537

AS NOGAIS
Anuncio O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 1 de xuño de 2020, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 3/2020 na modalidade de transferencia de crédito entre distinta área de gasto que non afecta a baixas e altas de créditos de persoal, o que se publica aos efectos do artigo 169.1, por remisión do 179.4, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. O citado acordo plenario queda elevado automáticamente a definitivo ao non presentarse reclamación algunha no prazo de exposición ao público.
As Nogais, 14 de xullo de 2020.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz.
R. 1538

Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2020 21/07/2020
20/07/2020 08:00:00
14:08:27

R. 1536

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/07/2020

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions