Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 166 martes, 21 de xullo de 2020

BOP Lugo
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 8 de xullo de 2020.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 1535

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.
Asunto: DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.
Visto que mediante decreto Número 2019-0253 de data 25/06/201 esta Alcaldía Resolveu delegar na Xunta de Goberno Local o exercizo de determinadas atribucións; entre outras, en materia de Gastos e Ingresos.
Visto que mediante Decreto Número: 2020-0146 de data: 30/04/2020, e como consecuencia da situación de pandemia por COVID-19 e Declaración do Estado de Alarma polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, resolvín a avocación das competencias asumidas pola Xunta de Goberno Local, en virtude do disposto na citada Resolución desta Alcaldía de delegación de atribucións Número: 2019-0253 de data: 25/06/201, para o exercizo das seguintes competencias en materia de Gastos e Ingresos:

1.- Aprobación da autorización e disposición de gastos de competencia da Alcaldía, exceptuando:
- Os gastos derivados de haberes e retribucións nominativas do persoal municipal de toda clase nos que se inclúen as retribucións nominativas dos membros da Corporación.
- Os gastos derivados da cotización á Seguridade Social.
- Os gastos derivados da liquidación trimestral en concepto de IRPF e IVE.
-Os gastos derivados da subministración e servizos periódicos, servizos telefónicos, enerxía eléctrica e similares, que se liquiden de acordo con tarifas oficialmente aprobadas.
-Os gastos derivados de cantidades específicas e nominativamente consignadas no orzamento a favor de persoas, entidades ou servizos determinados.
-Os gastos derivados dos intereses e amortizacións de préstamos, así como os contratos de trasporte a portes debidos.
-os gastos derivados das anualidades ou mensualidades correspondentes a contratos de xestión de servizos públicos, contratos de servizos, e subministracións menores de material de oficina, publicacións, anuncios e outro material non inventariable.
-tódolos demais gastos de tracto sucesivo.
- Os gastos de calquera clase cuxa contía sexa inferior a 3.000,00 euros.
2.- Aprobación do recoñecemento de obrigas en tódolos supostos en que a autorización e compromiso do gasto fora delegado na Xunta de Goberno Local.
F. En materia de ingresos:
1. A aprobación de Padróns, Matrículas e Listas cobratorias de Impostos Municipais, Taxas e Prezos Públicos 2. A aprobación de liquidacións de ingresos directos derivados de licenzas e autorizacións delegadas na Xunta de Goberno Local.
3. Os acordos relativos a baixas de suxeitos pasivos, devolucións de ingresos indebidos, duplicados, etc., derivados das competencias delegadas na Xunta de Goberno Local.
Tendo en conta o disposto no Real Decreto 555/2020, de 5 de xuño, polo que se prorroga ol estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para la xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, que mantuvo os efectos de éste ata as 00:00 horas do pasado día 21 de xuño de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2020 21/07/2020
20/07/2020 08:00:00
14:08:27

E. En materia de gastos:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date21/07/2020

Page count23

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions