Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

27

Núm. 163 venres, 17 de xullo de 2020

BOP Lugo
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL NÚM. 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS
TERREOS DE NATUREZA URBANA. Expte. 1193/2020
Introdución dun novo artigo 14 bis coa seguinte redacción:
1.Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto, cando o incremento de valor sexa manifestado, por causa de morte, respecto da transmisión da propiedade da vivenda habitual do causante, dos locais afectos á actividade económica exercida por este, ou da constitución ou transmisión dun dereito real de goce limitativo de dominio sobre os referidos bens, a favor dos descendentes, ascendentes, por natureza ou adopción, e do cónxuxe.
Para os efectos da aplicación desta bonificación, equipárase ao cónxuxe a quen tivera convivido co causante con análoga relación de afectividade.
2. Por vivenda habitual enténdese aquela na que estivese empadroado o causante polo menos nos últimos catro anos, o que se acreditará mediante o correspondente certificado de empadroamento.
3.En todo caso, para ter dereito á bonificación, tratándose de locais afectos ao exercicio da actividade da empresa individual ou familiar ou negocio profesional da persoa falecida, será preciso que o sucesor manteña a adquisición e o exercicio da actividade económica durante os cinco anos seguintes, salvo que falecese dentro dese prazo.
De non cumprirse o requisito de permanencia a que se refire o parágrafo anterior, o suxeito pasivo deberá satisfacer a parte do imposto que deixase de ingresar como consecuencia da bonificación practicada e os intereses de demora correspondentes, tendo que comunicar ó Concello no prazo dun mes a transmisión do local ou do cesamento da actividade, para os efectos de que aquel emita a nova liquidación.

5. Para os efectos da aplicación da bonificación, en ningún caso terán a consideración de locais afectos á actividade económica exercida polo causante os bens inmobles de natureza urbana obxecto das actividades de aluguer e venda dos devanditos bens 6. A aplicación da bonificación prevista neste artigo ten carácter rogado, debendo ser solicitada a súa aplicación polo suxeito pasivo na correspondente declaración do imposto para os efectos da súa liquidación.

Introdución dun novo artigo 14 ter coa seguinte redacción:

Gozarán dunha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto, as transmisións de terreos, e as transmisións ou constitucións de dereitos reais de goce limitativos do dominio de terreos, sobre os que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL NÚM. 4, REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓ E
OBRAS E LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN. Expte. 1128/2020
Modificación do artigo 1, engadindo un novo apartado 4 coa seguinte redacción:
Durante os anos 2020 e 2021 non estarán suxeitas ó imposto as obras menores. Para estes efectos, estase ao disposto na Ordenanza municipal número 46 respecto do que se entende por obra menor e obra maior.

-

Modificación do artigo 3 apartado 3, introducindo o seguinte texto:

Non obstante, o tipo de gravame será do 1 por cento durante os anos 2020 e 2021 para as obras maiores.

-

Modificación do artigo 7, coa introdución dun novo apartado 3, coa seguinte redacción:

3. As licencias de primeira ocupación que se soliciten no ano 2020 e 2021 non estarán suxeitas a esta taxa.
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL NÚM. 6, REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS DE APERTURA DE
ESTABLECEMENTOS DE ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL, SOMETIDAS Ó DECRETO
133/2008, E Ó REGULAMENTO DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS 2816/1982, E Ó DECRETO 292/2004, CATÁLOGO DE
ESPECTÁCULOS PÚBLICOS. Expte. 1188/2020
a Modificación do artigo 1, coa introdución dun novo apartado cinco:
5. Non estarán suxeitas á taxa regulada na presente Ordenanza as licencias de apertura que se soliciten durante os anos 2020 e 2021.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2020 17/07/2020
16/07/2020 08:00:00
12:07:07

4. Naqueles casos nos que a vivenda habitual estivese constituída por dous ou máis inmobles obxecto dunha agrupación de feito, a bonificación unicamente aplicarase respecto daquel inmoble no que conste empadroado o causante, con exclusión de todos os demais. Con todo, se o causante non figurase empadroado en ningún deles, a aplicación do citado beneficio terá lugar respecto daquel inmoble ao que lle corresponda a bonificación de maior importe, e en caso de ser igual, sobre calquera deles, con exclusión de todos os demais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/07/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions