Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 161 mércores, 15 de xullo de 2020

BOP Lugo
2º.- Autorizar á Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento a realiza-los trámites necesarios para desenvolver o acordo ao que se chegou coa Subdirección de Formación Local do Instituto Nacional de Administración Pública.
As características e contidos específicos destes cursos detállanse no ANEXO desta convocatoria. O citado curso desenvolverase dacordo coas seguintes bases:
1. Obxecto e destinatarios/as. Mediante esta resolución convócanse accións formativas descentralizadas dirixidas ao persoal ao servizo das Administracións públicas, preferentemente o de Administración local, que cumpra os requisitos esixidos no apartado de destinatarios/as de cada un dos cursos, segundo descríbese no anexo.
2. Presentación de solicitudes. Quen desexe participar no curso convocado deberá presentar a correspondente solicitude que será accesible tras a selección do curso ao que se desexa asistir nas seguintes direccións:
www.inap.es/cursos-de-administracion-local e https buscadorcursos.inap.es.
O consentimento do/a superior xerárquico/a enténdese concedido desde o momento en que accede a participar en accións formativas nas que haxa resultado seleccionado/a.
O envío da solicitude telemática debidamente cumprimentada supón a aceptación expresa das normas e procedementos que rexen cada un dos cursos.
3. Requisitos dos/as participantes.- Poderá solicitar a asistencia ao curso convocado o persoal ao servizo das Administracións Públicas, preferentemente o de Administración local, que cumpra os requisitos esixidos no apartado de destinatarios/as de cada curso.
4. Prazo de presentación de solicitudes.- O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de setembro de 2020.

A proposta para a selección de alumnos/as, realizarase polas entidades colaboradoras, baseándose nos criterios de adaptación dos/as seleccionados/as aos obxectivos do curso.
Os/as empregados/as públicos poderán participar en cursos de formación durante os permisos por parto, adopción ou acollemento, así como durante a situación de excedencia por coidado de familiares, segundo o disposto nos artigos 49 e 89.4 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro Dacordo co artigo 60 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, outorgarase preferencia na selección a quen se incorporou no prazo dun ano ao servizo activo, procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou haxan reingresado desde a situación de excedencia por razón de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, co obxecto de actualizar os coñecementos dos/as empregados/as públicos/as. Así mesmo, reservarase polo menos un 40 por cento das prazas nos cursos de formación para a súa adxudicación a mulleres que reúnan os requisitos establecidos, salvo que o número de solicitudes de mulleres sexa insuficiente para cubrir esta porcentaxe.
En aplicación do Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, valorarase como criterio de selección a quen se atope afectados por unha discapacidade cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 33 %. As persoas con discapacidade que soliciten o curso poderán facer constar tal circunstancia na inscrición, e poderán indicar, así mesmo, as adaptacións necesarias no curso formativo, a condición de que fosen seleccionadas.
6. Réxime de asistencia.- Os/as alumnos/as deberán asistir con regularidade ao curso. Unha inasistencia superior ao 10 % no cómputo total de horas lectivas programadas imposibilitará a expedición da certificación e dará lugar á baixa no curso, coa perda de todos os dereitos.
Os/as alumnos/as seleccionados/as que non observen as regras elementais de participación, respecto e consideración cara a profesores/as, compañeiros/as ou persoal do INAP e, en xeral, que contraveñan o disposto no código ético do INAP que poderá consultarse en www.inap.es/conocenos poderán ser excluídos/as das actividades formativas.
Para o desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe, os alumnos contarán co acceso gratuíto a Ágora http agora.edu.es/, a La Administración al Día http laadministracionaldia.inap.es e ao Banco de Conocimiento http bci.inap.es/, así como á Rede Social Profesional https social. inap.es/.
7. Información adicional.- Poderase solicitar información adicional chamando aos números de teléfono 982 260
065 / 982 260 036 da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo.
8. Valoración dos cursos.- Para os efectos previstos no artigo 1, apartado D, da Orde de 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios/as da Administración Local con habilitación de carácter estatal, en relación co establecido na Resolución de 26 de outubro de 1994 do Instituto Nacional de Administración Pública Boletín Oficial do Estado de 8 de novembro.

Anuncio publicado en: Num BOP 161 año 2020 15/07/2020
14/07/2020 08:00:00
09:26:57

5. Selección.- A Subdirección de Formación Local seleccionará aos asistentes de entre as solicitudes que cumpran os requisitos, atendendo ao perfil dos/as candidatos/as en relación cos obxectivos do curso.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/07/2020

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions