Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 157 venres, 10 de xullo de 2020

BOP Lugo
5. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha das Administracións Públicas nin acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á Función Pública.
6. Estar en posesión do Título de Graduado ESO, graduado escolar, formación profesional de primeiro grado ou equivalente, con arranxo á lexislación vixente. En todo caso, a equivalencia ou homologación de titulacións deberá ser achegada polo aspirante, mediante certificación expedida para o efecto, polo organismo oficial competente.
7. Certificado que acredite que non se teñen antecedentes penais por delitos dolosos 8. Estar en posesión do permiso de conducir da clase C
9. Reunir as condicións físicas necesarias para a prestación do servizo e non encontrarse en ningún dos supostos de exclusión médica definidos para o posto de bombeiro-condutor.
Todos os requisitos esixidos deberán reunirse o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e manterse durante toda a duración do proceso selectivo. Así mesmo, deberán posuírse durante o procedemento de selección ata o momento do nomeamento e deberán acreditarse formalmente con carácter previo.
6.- SISTEMA SELECTIVO
O sistema selectivo será o de concurso libre.
7.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
Os interesados presentarán a solicitude de inscrición segundo o modelo que se adxunta ás presentes Bases como Anexo, que estará a disposición dos interesados no Rexistro Xeral de Consorcio e na páxina web do consorcio: https salvamentolugo.org
Presentaranse no Rexistro Xeral do Consorcio Praza de san Marcos, 8 Lugo ou a través das fórmulas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, reguladora do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Se a solicitude non se presenta no Rexistro do Consorcio, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante correo electrónico consorcio.incendios@deputacionlugo.org ou fax 982260268 antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
2 Documentación. Á instancia acompañarase da seguinte documentación:
Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Declaración responsable de reunir os requisitos esixidos na convocatoria Méritos alegables, ós que debe acompañarse a seguinte documentación:
a EXPERIENCIA PROFESIONAL:
1. Experiencia profesional como bombeiro na Administración Pública:

Certificado de prestación de servizos na Administración correspondente, no posto de bombeiro, onde figure o tempo de prestación de servizos neste posto de traballo, acompañado de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería Xeral de Seguridade Social Unicamente se valorarán neste apartado a experiencia en corpos de bombeiros pertencentes a calquera administración pública nas que o postos desempeñados teñan a denominación de bombeiro bombeiro, bombeiro-condutor ou similares. De acordo co anterior non se valorará neste apartado a experiencia profesional noutras categorías profesionais distintas.
Para a determinación das entidades que teñen a consideración de Administración Pública estarase ao establecido no artigo 2.3 tanto da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo común, como na Lei 40/2015 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.

2. Experiencia profesional como bombeiro en empresas privadas:

Contrato de traballo, nóminas, certificado de empresa ou calquera outro documento expedido pola empresa que permita acreditar que o posto de traballo desempeñado foi o de bombeiro, acompañado de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería Xeral de Seguridade Social.

Anuncio publicado en: Num BOP 157 año 2020 10/07/2020
09/07/2020 08:00:00
10:48:56

1 Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/07/2020

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions