Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 155 mércores, 8 de xullo de 2020

BOP Lugo
Anuncio ANUNCIO DE COBRANZA
Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario de Taxas e Prezos Públicos, relacionados abaixo, empezará a contar o día 06/07/2020 e finalizará o día 06/10/2020, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
CONCELLO

PERIODO

TAXAS

O VALADOURO

2º semestre-2019

SOBER

2º semestre-2019

SOBER

2º semestre-2019

Taxa de auga, lixo, sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia Taxa de auga,, sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
Lugo, 22 de xuño de2020.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 1428

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 2020-0327 de data 16/06/2020 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a contratación con carácter temporal dun/dunha Peón de obras :
"BASES PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DE 1 PEÓN DE OBRAS AO
ABEIRO DO PROGRAMA "FOMENTO DO EMPREGO 2019", INTEGRADO NO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE
COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a contratación de persoal ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego 2019" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2019:

Anuncio publicado en: Num BOP 155 año 2020 08/07/2020
07/07/2020 08:00:00
11:54:09

O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/07/2020

Page count46

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions