Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 153 luns, 6 de xullo de 2020

BOP de Lugo
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN XEFE DE BRIGADA
MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CONTRATACIÓN
LABORAL TEMPORAL A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE
ALFOZ.
1. OBXECTO.
As presentes bases específicas complementan as bases xerais que foron aprobadas por Resolución da Alcaldía en data 16 de novembro de 2017, e publicadas no B.O.P. de Lugo número 269 de 23 de novembro de 2017.
Ámbalas dúas bases establecen as normas para a selección de persoal provisional ou temporal.
O obxecto das presentes bases é regular a contratación laboral temporal polo Concello de Alfoz, dun xefe de brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, dentro do marco do convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Alfoz para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2020.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
DENOMINACIÓN: Xefe de brigada Réxime Xurídico: PERSOAL LABORAL TEMPORAL
DURACIÓN DO VÍNCULO de servizo: Tres meses desde a formalización do contrato.

cometido funcional: Consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Alfoz e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto. En concreto, responsabilizarase da brigada municipal encargada da vixilancia e defensa contra os incendios forestais e das labores encamiñadas á súa prevención e á diminución do risco de propagación e minimización de danos, no caso de producirse. Así actuará como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito Forestal ao que pertenza a entidade local. Como compoñente da brigada realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requiridas para a defensa destes, durante cada un dos tres meses de operatividade da mesma, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
3.- RETRIBUCIÓNS: Será de 1.260,00 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extra.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
Titulación Académica necesaria para participar no proceso selectivo: Algunha destas titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
b Específicos:
Estar en posesión do carné de conducir clase B.
Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 4 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.
5. TRAMITACIÓN.
O Concello de Alfoz abrirá un prazo de solicitudes de participación no proceso selectivo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto da convocatoria e destas bases no BOP.
Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, en virtude do cal se realizarán as contratacións.
As solicitudes presentaranse tal e como ven recollido nas bases 6 e 7 das bases xerais.
A valoración da fase de concurso e a realización da proba de galego para aqueles que non acrediten o nivel de galego CELGA 4, terá lugar o día que se publique no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, que será cunha antelación mínima de 48 horas á hora da súa celebración.
Seleccionados os/as traballadores/as, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo, nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como condutores de motobomba. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

Anuncio publicado en: Num BOP 153 año 2020 06/07/2020
03/07/2020 08:00:00
14:11:37

tempo Xornada: COMPLETA 100 % xornada.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/07/2020

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions