Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

50

Núm. 150 xoves, 2 de xullo de 2020

BOP Lugo
21. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.
22. RECURSOS.
Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou ben interpor recurso contenciosoadministrativo, ante o correspondente Xulgado do ContenciosoAdministrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.
Xove, 26 de xuño de 2020.- O Alcalde, Jose Demetrio Salgueiro Rapa.
R. 1330

MINISTERIO DE FACENDA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS BDNS DEPUTACIÓN
Anuncio
BDNS Identif.: 512947
SUBVENCIÓNS DESTINADA AO FOMENTO DO EMPREGO NA PROVINCIA DE LUGO, ANO 2020.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b y 20.8 de la Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións.
http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans.
Primeiro: Finalidade e obxecto As medidas agrúpanse en dúas tipoloxías :
1 FOMENTO DA EMPREGABILIDADE
Recollido na Medida 8.2.4.2 GENTE JOVEN EN EL RURAL a través da que se persegue contribuír a mellora da empregabilidade dos mozos e mozas do medio rural mediante a concesión de 30 bolsas de axudas económicas a persoas físicas ou xurídicas, afincados nos concellos relacionados no Anexo I, para a contratación por conta allea, financiando os custos salariais do 50% do SMI vixente durante 12 meses para a contratación dun mozo inscrito no sistema de garantía xuvenil.
O obxectivo principal e que os mozos inicien a súa vida profesional sen necesidade de cambiar a núcleos de poboación mais grandes, incentivando a contratación por conta allea, establecendo unha convocatoria para seleccionar a personas fisicas ou xuridicas participantes cuxos centros de traballo estean situados nalgún dos concellos participantes relacionados no Anexo I e cuxa actividade se atope entre hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medio ambiente, por ser consideradas as de maior oportunidade de crecemento na provincia de Lugo.
2 FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA
Recolle a Medida 8.2.3.3 TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL e a Medida 8.2.3.4 TU EMPLEO EN EL RURAL
aumentar o emprendemento das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación como vía de acceso ao mercado laboral a través de 4 bolsas 2 para cada medida de axudas económicas para a alta da actividade económica segundo algunha das modalidades previstas e que se atopen situadas nalgún dos concellos relacionados no Anexo I. Dúas bolsas de axudas por cada medida, sendo a contía o 75% do SMI vixente durante 12 meses.
O obxectivo principal e fomentar a inciativa empresarial entre os mozos, establecendo unha convocatoria para seleccionar aquelas persoas que desexen darse de alta como traballador autónomo de forma individual ou como persoa xurídica ou se establezan como socio traballador en empresas de economía social cooperativas, sociedades laborais, etc nalgún dos concellos recollidos no Anexo I.

Anuncio publicado en: Num BOP 150 año 2020 02/07/2020
01/07/2020 08:00:00
12:52:28

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESION CELEBRADA
O 26 DE XUÑO DO 2020 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA
COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPREGO NA PROVINCIA DE LUGO.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/07/2020

Page count52

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions