Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 261 sábado, 13 de novembro de 2021

BOP Lugo
Lugo, 5 de novembro de 2021.- O Xefe do Servizo Provincial de Lugo, Gerardo Pallares Sánchez.
R. 3218

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, MEMORIA HISTÓRICA
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, A CLUBS DEPORTIVOS DA
PROVINCIA DE LUGO QUE PARTICIPAN EN LIGAS OU CAMPIONATOS OFICIAIS FEDERADOS POR EQUIPOS DE
1 OU 2 CATEGORÍA ABSOLUTA ESTATAL, PARA OS GASTOS DE TEMPORADA 2020-2021: RESOLUCIÓN
DEFINITIVA
Para os efectos oportunos, en relación á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a clubs deportivos da Provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2020-2021, anualidade 2021, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o cinco de novembro de 2021, acordou:
1º.- Desestimar as alegacións formuladas D. Manuel Jesús Durán Ónega, con DNI 2752, en calidade de Presidente da entidade ENSINO LUGO CLUB DE BALONCESTO, con CIF G-27.324.284, en expediente 2021/PES_03/021667 de data 20/10/2021 en base ao informe da Comisión de Avaliación que formula a súa desestimación en base aos argumentos e análises expostas na súa acta de reunión de 29 de outubro de 2021, por considerar correcta a puntuación asignada á referida entidade, de acordo á documentación formulada no expediente de solicitude certificado federativo e en aplicación das previsións recollidas nas bases da convocatoria.

ENTIDADE E IMPORTE DA SUBVENCIÓN
Nº EXP.

NOME ENTIDADE

CIF

IMPORTE

DEPORTE

2021/PES_03/012029

CLUB PORTA XI ENSINO C.B.

G27324284

86.919,00 € BALONCESTO

2021/PES_03/012078

CLUB DEPORTIVO BURELA F.S.

G27272251

113.087,00 € FÚTBOL SALA

2021/PES_03/012010

CLUB PELUQUERÍA MIXTA FRIOL

G27170638

84.245,00 € FÚTBOL

2021/PES_03/011981

CLUB VOLEIBOL EMEVÉ

G27041490

110.749,00 € VOLEIBOL

2021/PES_03/011979

CLUB FÚTBOL SALA FEMENINO CASTRO

G27451020

45.000,00 € FÚTBOL SALA

Non hai solicitudes desestimadas.
3º.- Notificar o presente acordo resolución definitiva ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, por medio de publicación no BOP
e na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org.
Ao abeiro do previsto na base 11. Acordos de resolución e notificacións das Bases da convocatoria e do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas LPACAP, o acordo de resolución definitiva do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo http www.deputacionlugo.gal.
O que se notifica aos efectos oportunos. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, e de conformidade co previsto na base 21. Réxime de recursos das Bases da convocatoria, e do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da presente publicación no BOP de Lugo, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación no BOP de Lugo.
En caso de optar polo recurso potestativo de reposición non se poderá interpoñer o recurso contenciosoadministrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.
Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que estime procedente.

Anuncio publicado en: Num BOP 261 año 2021 13/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:45:40

2.- Aprobar a resolución definitiva de concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2
categoría absoluta estatal para os gastos de temporada 2020-2021, anualidade 2021, de acordo aos criterios de determinación do importe da subvención reflectidos na base 8 das bases da convocatoria, segundo as especificacións que constan nas listaxes que se achegan anexadas á acta da Comisión de avaliación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/11/2021

Page count15

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930