Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 9 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 257

XUNTA DE GALICIA
AUGAS DE GALICIA
Anuncio Anuncio do 21 de outubro polo que se fai público a modificación dunha concesión hidráulica
Por resolución da dirección de Augas de Galicia do 23/09/2021, e como resultado do expediente incoado ao efecto, aprobouse a modificación de características dunha concesión administrativa hidráulica da que é titular Sociedad Lucense de Energía Hidráulica y Eólica, SL, para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Landro, nos concellos da Muras e Ourol, provincia de Lugo, autorizando a derivación dun caudal de ata 2800 l/s do río Landro e ata 1200 do arroio Coruxos, permitíndose o uso privativo e excluínte do dito caudal no tramo ocupado polo aproveitamento entre a cota 577,00 m, correspondente ao máximo nivel normal do encoro no punto de toma, e a cota 181,50 m., correspondente á cota do río no punto de restitución dos caudais ao leito público no río Landro, e entre a cota 583,50 m, correspondente ao máximo nivel normal do encoro no punto de toma para o arroio Coruxos ata a confluencia co río Landro. Polo tanto, o tramo ocupado no río Landro é de 395,5 m O proxecto e o correspondente estudo ambiental foron obxecto de Declaración de Efectos Ambientais, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental mediante resolución do 04/06/2002.
O que se fai público no BOP de Lugo en cumprimento do previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021.- O subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, Roberto Arias Sánchez.
R. 3161

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE DE LUGO. SERVIZO DE
EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Anuncio Visto o texto do Acordo Colectivo sobre condicións de traballo entre a empresa GESTIÓN Y TÉCNICAS DEL
AGUA, S.A. e os traballadores do centro de traballo ETAP de Lugo, Santa María Magdalena de Adai, Código 27100010122014, asinado o día 15 de xullo de 2021, pola representación da empresa e polo representante dos traballadores, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2
e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 2 de novembro de 2021.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

Anuncio publicado en: Num BOP 257 año 2021 09/11/2021
08/11/2021 08:00:00
13:07:06

Clave: 17/038/11

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/11/2021

Page count28

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions