Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 3 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 252

CONCELLOS
BÓVEDA
Anuncio Expediente: 639/2021
Procedemento: Aprobación do Padrón Fiscal da Taxa polo mantenemento e conservación do Cemiterio Municipal do ano 2021.

De conformidade co artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria, aprobouse mediante Resolución de Alcaldía de data, n 2021-0519, de data 26 de outubro de 2021 o Padrón Fiscal correspondente á Taxa polo mantenemento e conservación do Cemiterio Municipal, correspondente ao ano 2021, que queda exposto na Sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello, sito na Avda. Alfonso XIII n 85 de Bóveda, durante o prazo de quince días, conforme ao artigo 82.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a contar desde o seguinte á publicación do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Durante o citado período de exposición pública, as persoas lexitimadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións ao padrón mencionado.
a Prazos de ingreso:
O prazo de ingreso do padrón debe realizarse no prazo de dous meses contados a partires do día seguinte ao da publicación do Edicto de exposición pública e notificación colectiva no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
b Modalidade de cobro:
O pagamento poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
- Ingresando na Conta, de A BANCA, nº ES78-2080-0159-8631-1000-0018, da que é titular este Concello, na forma e prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, pola que se aproba a Lei Xeral Tributaria BOE
18 decembro 2003, núm. 302, páx. 44987,facendo constar o número: 639/2021 e o concepto CEMITERIO
2021.
- Domiciliación bancaria efectuada ao efecto.
c Período executivo:
Advírtese que, transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario sen que se efectuou o pago, as débedas esixiranse polo procedemento de prema prevista nos artigos 163 e ss da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nos artigos 70 e ss do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación -RGR-, devengándose as recargas correspondentes así como os intereses de demora.
d Recursos:
Contra o acto de aprobación do padrón , os interesados só poderá interpor o recurso de reposición a que se refire o artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente resolución. Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que por quenda de repartición correspóndalle, no prazo de dous meses contados da notificación. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que recaese resolución expresa do mesmo, entenderase desestimado e poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso ou acción que estime conveniente ao seu dereito.

Anuncio publicado en: Num BOP 252 año 2021 03/11/2021
02/11/2021 08:00:00
13:24:57

EDICTO DE NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA DA TAXA POLO
MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DO CEMITERIO MUNICIPAL DO ANO 2021

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/11/2021

Page count14

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions