Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 261 sábado, 13 de novembro de 2021

BOP Lugo
Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI
así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este Servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:
Concello de Folgoso do Courel.
Lugar: salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.
Data: 22 de marzo de 2022, das 09:00 ás 13:00 horas.
De: Álvarez Domínguez, Manuel herederos de a Monte Comunal de vecinos de Miraz Concello de Folgoso do Courel.

Data: 23 de marzo de 2022, das 09:00 ás 12:30 horas.
De: Novo Núñez Eduvigis a Touzón Fernández Severo herederos de No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado notarial, xudicial ou do consulado, xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que se deberá identificar co documento nacional de identidade.
Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención recollidas no anexo da Resolución do 12 de xuño de 2020 e posteriores modificacións, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
En todo caso, é necesario pór en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións:
Os interesados poderán confirmar a data e a hora fixadas para a celebración do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.
No momento da atención, tanto o persoal da Administración e da Asistencia Técnica como o expropiado usarán máscara de protección, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto de máscara de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria. Porén, a Administración facilitará a máscara no caso de que os expropiados non dispoñan dela.
En caso de detectarse posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.
Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.
Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.
Non se poderá acudir no caso de presentar febre >37º ou síntomas de problemas respiratorios.

Anuncio publicado en: Num BOP 261 año 2021 13/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:45:40

Lugar: salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/11/2021

Page count15

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930