Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 5 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 254

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira en data 27/10/2021 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondentes ó 5º bimestre do 2021. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 01/11/2021 e 31/12/2021
ámbolos dous inclusive. Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 01/11/2021. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan.
Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
Baleira, 27 de outubro de 2021.- O Alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga López.
R. 3125

BECERREÁ
Anuncio EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía, de data 27/10/2021, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de setembro do 2021 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 254 año 2021 05/11/2021
04/11/2021 08:00:00
12:31:41

Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A
repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo de un mes dende a presente publicación.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/11/2021

Page count9

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions