Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 18 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 265

CONCELLOS
RIOTORTO
Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de novembro de 2021, prestou aprobación o Padrón da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación destes correspondente ao segundo semestre de 2021, no medio rural.
Así mesmo, acordouse expoñer o público o citado Padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o seguinte o da inserción deste edicto no B.O.P., no taboleiro de anuncios deste Concello e nos lugares de costume, o obxecto de exame e reclamacións. De non se producir reclamacións durante a exposición pública, a aprobación inicial entenderase elevada a definitiva.

Transcorrido o prazo sinalado, todos os contribuíntes que non satisfixesen os seus débitos quedarán incursos na recarga e costas de procedemento establecidos no Regulamento Xeral de Recadación.
Riotorto, 17 de novembro de 2021.- O Alcalde, Clemente Iglesias González.
R. 3299

O VICEDO
Anuncio EDICTO DE EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO
Por resolución da Alcaldía de 9 de novembro de 2021, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de outubro de 2021 do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dous meses a contar dende o día da súa publicación no Boletín . Para o cobramento dos mesmos, ós contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
Para os demais contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pagamento en calquera oficina das entidades bancarias radicadas no termo municipal do Vicedo.

Anuncio publicado en: Num BOP 265 año 2021 18/11/2021
17/11/2021 08:00:00
14:18:05

O período de cobramento en vía voluntaria será dende o 18 de Novembro ó 17 de Decembro nas oficinas municipais de 10 a 14 horas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/11/2021

Page count6

Edition count3280

First edition01/03/2013

Last issue18/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930