Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 13 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 261

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AXENCIA GALEGA DE
INFRAESTRUTURAS. SERVIZO PROVINCIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 5 de novembro de 2021, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de Mellora da estrada LU-651, treito Ferrería Vella Seoane do Courel de clave LU/17/128.01.1, no concello de Folgoso do Courel.
O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data 30 de setembro de 2021, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de Mellora da estrada LU-651, treito Folgoso punto quilométrico 21+600 - Seoane punto quilométrico 35+670, de clave LU/17/128.01, no concello de Folgoso do Courel, mediante o Decreto 137/2021, publicado no Diario Oficial de Galicia en data 13 de outubro de 2021.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este Servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017
sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Folgoso do Courel, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Concello de Folgoso do Courel.
Lugar: salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.
Data: 18 de xaneiro de 2022, das 9.00 ás 13.00 horas.
De: Álvarez Domínguez, Manuel herederos de a Monte Comunal de vecinos de Miraz Concello de Folgoso do Courel.
Lugar: salón de actos do Concello de Folgoso do Courel.
Data: 19 de xaneiro de 2022, das 9.00 ás 13.00 horas.
De: Novo Núñez Eduvigis a Touzón Fernández Severo herederos de A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Folgoso do Courel e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo Edificio Administrativo, Ronda da muralla, nº 70 27071 Lugo, e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:
https infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/PortalConselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0280.html
Anuncio publicado en: Num BOP 261 año 2021 13/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:45:40

Con data 23 de setembro de 2021, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o proxecto de trazado de Mellora da estrada LU-651, treito Folgoso punto quilométrico 21+600 - Seoane punto quilométrico 35+670, de clave LU/17/128.01.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/11/2021

Page count15

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930