Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 4 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 253

CONCELLOS
GUITIRIZ
Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE UN ADMINISTRATIVOS/AS DE ADMINISTRACIÓN XERAL COMO
FUNCIONARIO/A INTERINO/A MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICION.
O Concello de Guitiriz aprobou por resolución de alcaldía de data 02/11/2021 as seguintes bases da convocatoria para a selección de un administrativo/a como funcionario/a interino/a mediante o sistema de oposición.
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 1 ADMINISTRATIVO/A DE ADMINISTRACION XERAL
COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICION.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto a selección de 1 funcionario/a interino/a administrativo/a de administración xeral para ocupar 1 postos orzamentados e vacantes ata a reincorporación efectiva do seu titular conforme ao artigo 10.1b do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; e artigo 23.2 b da Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O período estimado de duración dos nomeamentos interinos será 5 meses.
O sistema selectivo será o de oposición libre, e a presente convocatoria será obxecto de publicación no BOP de Lugo, na páxina web do Concello de Guitiriz www.concellodeguitiriz.com/Emprego e na sede electrónica do Concello de Guitiriz https guitiriz.sedelectronica.gal/Taboleiro de anuncios. O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados unicamente na páxina web e na sede electrónica municipais.
2.- CARACTERISTICAS E FUNCIONS DOS POSTOS DE TRABALLO.
As características e funcións do posto de traballo son as seguintes:
2.1. Administrativo adscrito á sección de Secretaría Ficha nº7 da RPT
As características do posto de traballo son as seguintes segundo o establecido na ficha nº 7 da RPT:
FICHA Nº 7. Posto de traballo: Administrativo/a 3 Códigos 07, 08 e 09
Características esenciais: Funcionario de carreira propio da Corporación Local.
Grupo: C1
Escala/Subescala: Administración Xeral, Administrativa Formación específica: No.
Tipo de posto: Base ou non singularizado Nº de postos: 3
Vacantes: 1
Forma de provisión: Oposición libre/Concurso-oposición Nivel de complemento de destino CD:18
Complemento específico anual CE: 7.529,90 euros actualizado 2019
Adscrición: Sección de Secretaría Xeral, Servicio de Secretaría e Asuntos Xerais, Servicio de Contratación e Patrimonio, e Servicio de RRHH.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/11/2021

Page count14

Edition count3287

First edition01/03/2013

Last issue26/04/2024

Download this edition

Other editions