Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 044 mércores, 24 de febreiro de 2021

BOP Lugo
e Adaptacións funcionais do fogar.
f Servizo de podoloxía. g Servizo de fisioterapia.
h Servizo de lavanderia, servizo de xantar na casa.
3.- Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.
4.- En todo caso as atencións prestadas, terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5.- En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención anexo II e no acordo de servizo anexo III.
Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
Artigo 4.- Persoas destinatarias
En todo caso darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Os criterios para a concesión do servizo rexeranse polos seguintes aspectos:
- Autonomía persoal para a realización das actividades.
- Situación socio-familiar.
- Outras: menores a cargo, accesibilidade.
CAPITULO III - DEREITOS E DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS
Artigo 5.-Dereitos das persoas usuarias As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable, artigo 6 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, e normativa vixente terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade.
2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso.
3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
4. A coñeceren a situación do seu expediente.
5. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
6. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo.
7. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
Artigo 6.-Deberes das persoas usuarias As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais e normativa vixente, terán os seguintes deberes:
1. Residir efectivamente no domicilio e no termino municipal de Viveiro
Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2021 24/02/2021
23/02/2021 08:00:00
11:34:50

De acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, o servizo estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá ás persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato así como os fogares con menores en que se observe necesidade dunha intervención de carácter socio educativo.Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social, ou que precisen unha medida temporal de apoio para a consecución dun fin establecido nun proxecto de intervención social.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/02/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28