Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 2 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 026

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria de data 22 de xaneiro de 2021, aprobouse inicialmente a Relación de Postos de Traballo do Concello de Alfoz, e conforme o artigo 202 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, e por aplicación da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, sométese o expediente a información pública por plazo de VINTE DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán presentar as alegacións, reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.
Transcurrido o dito plazo, a aprobación se elevará a definitiva se non se expuseran reclamacións, suxerencias ou alegacións.

Alfoz, 25 de xaneiro de 2021.- O Alcalde, Jorge Val Diaz.
R. 0195

BÓVEDA
Anuncio NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA
Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, sumidoiros, lixo e canon da auga do 2º trimestre do exercicio 2020.
Por Resolución da Alcaldía de data 26 de xaneiro de 2021, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, sumidoiros, lixo e canon da auga, correspondente ao 2º trimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen oportunas, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formula ningunha reclamación contra o mesmo.
O prazo de cobro en período voluntario será de un mes: Dende o día 1 de febreiro ao 2 de marzo de 2021.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas ao mesmo e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes, recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia, de acordo con canto establece o artigo 14 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Trascorrido o período de pago en voluntaria as débedas co Concello serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificacion.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao aveiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Bóveda, 26 de xaneiro de 2021.-O Alcalde-Presidente, José Manuel Arias López.
R. 0196

Anuncio publicado en: Num BOP 26 año 2021 02/02/2021
01/02/2021 08:00:00
10:15:52

En caso contrario, a relación de postos de traballo deberá ser obxecto de aprobación definitiva, previa resolución das reclamacións, suxerencias ou alegacións presentadas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/02/2021

Page count24

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28