Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 11 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 034

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
Anuncio ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 5 DE FEBREIRO DE 2021
NA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO
DE TÉCNICO/A SUPERIOR DEPORTIVO-ACTIVIDADES DE TURISMO DEPORTIVO, PARA PRESTAR SERVIZOS DE
CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 5 de febreiro de 2021
adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 BOP núm. 231, do 08.10.2009; 16.12.2011 BOP núm. 294, do 26.12.2011 e 14.02.2019 BOP núm. 039, do 15.02.2019.
Constatando que a entidade ten necesidade de contar cunha listaxe de emprego temporal de Técnico/a Superior Deportivo-actividades de turismo deportivo, para poder atender ás necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional, cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.4 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 30 de xuño de 2020 publicado do BOP núm. 202, do 03.09.2020, acorde:
1º.- Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal de Técnico/a Superior Deportivo actividades de turismo deportivo, grupo A subgrupo A1, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.
2º.- Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados, aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020, publicadas no BOP núm. 079, do 6 de abril de 2020 e na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020, publicadas no BOP núm. 161, do 15 de xullo de 2020, así como na web corporativa www.deputacionlugo.gal, apartado emprego público RRHH - selección temporal.
3º.- Aprobar as bases específicas, que complementarán as bases xerais, que rexerán o procedemento selectivo para a elaboración da listaxe de emprego temporal da praza sinalada no apartado primeiro.
4º.- Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados nas bases xerais e específicas, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º.- Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia BOP e nos lugares determinados nas bases xerais.
6º.- Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
A Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación ,sen prexuízo de que se interpoña calquera outra que se estime oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 34 año 2021 11/02/2021
10/02/2021 08:00:00
13:41:46

Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, do seguinte teor:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/02/2021

Page count18

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28