Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 8 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 031

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS E ASISTENCIA CONCELLOS
Anuncio Aprobouse inicialmente polo Pleno da Excma. Deputación Provincial, en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 2021, a Proposta de modificación do Cadro de Persoal da Deputación Provincial de Lugo como consecuencia da homologación dos postos de traballo do Servizo de Audiovisuais e plena aplicación do Convenio Colectivo Único para persoal laboral da Deputación, e a documentación que o acompaña.
Exponse ao público na Secretaría desta Deputación, por espazo de 15 días hábiles, en cumprimento do disposto no artigo 112.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante os cales admitiránse reclamacións aos mesmos.

Pazo Provincial de Lugo, 29 de xaneiro de 2021.- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 0263

CONCELLOS
CERVO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2021, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de decembro de 2020 das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal así como o correspondente ás ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais, escolas deportivas municipais e das cotas do 6º bimestre de 2020 polo exercicio da venda ambulante no mercado de San Cibrao Cervo.
Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio.
O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o 12 de febreiro ao 14 de maio de 2021. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello.
Cervo, 29 de xaneiro de 2021.- O Alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.
R. 0264

CHANTADA
Anuncio O pleno do Concello de Chantada , na sesión ordinaria do día 28/01/2021 acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos 2/2021 baixo a modalidade de suplemento de crédito 01/2021 con cargo a unha operación de crédito para rede eléctrica no polígono Os Acivros , por importe de 478.112,30 €.

Anuncio publicado en: Num BOP 31 año 2021 08/02/2021
05/02/2021 08:00:00
12:29:32

Transcorrido dito prazo sen que se presenten reclamacións, entenderase definitivamente aprobado, de conformidade co disposto no art. 169.1 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/02/2021

Page count22

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28