Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 25 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 045

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
RECURSOS HUMANOS. SELECCIÓN PROMOCIÓN E CARREIRA
Anuncio ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 12 DE FEBREIRO DE
2021 NA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA AMPLIAR A VIXENTE LISTAXE DE
AUXILIAR DE SALA, PARA PRESTAR SERVIZOS DE CARÁCTER TEMPORAL NA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
DA DEPUTACIÓN DE LUGO.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de febreiro de 2021 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 BOP núm. 231, do 08.10.2009; 16.12.2011 BOP núm. 294, do 26.12.2011 e 14.02.2019 BOP núm. 039, do 15.02.2019.
Constatando que a entidade ten necesidade de ampliar a vixente listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Sala para poder atender ás necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional, cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19.4 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, proponse á Xunta de Goberno para que, segundo as facultades que lle confire artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo de data 30 de xuño de 2020 publicado do BOP
núm. 202, do 03.09.2020, acorde:
1º.- Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a ampliación da listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Sala, grupo C subgrupo C2, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba a texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.
2º.- Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo Cota Xeral ou cota de discapacitados, aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020 BOP núm. 079, do 6 de abril de 2020, corrección de erros aprobado na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020 BOP núm.
161, do 15 de xullo de 2020.
3º.- Aprobar as bases específicas que complementan as bases xerais que rexen a elaboración de listaxes para prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo en prazas/postos/empregos Auxiliar de Sala, Grupo C, Subgrupo C2.
4º.- Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados na base xeral 4 e na base específica 4
e 5, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º.- Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia BOP e nos lugares determinados na base xeral 3.
6º.- Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
A Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante da Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da publicación deste acordo no BOP ou ben recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da citada publicación ,sen prexuízo de que se
Anuncio publicado en: Num BOP 45 año 2021 25/02/2021
24/02/2021 08:00:00
09:57:12

Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, do seguinte teor:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date25/02/2021

Page count12

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28