Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 044 mércores, 24 de febreiro de 2021

BOP Lugo
2. Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios.
3. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
4. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo.
5. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais. Observar unha conducta baseada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración encamiñada a facilitar unha mellor con vivencia.
6. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo.
7. Manter informado sobre os aspectos relativos á súa saúde para mellorar a súa atención, e permitir adoptar as medidas preventivas que se requiran.
8. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora.
9. Poñer a disposición do persoal do programa os medios, útiles ou ferramentas necesarios e imprescindibles para a prestación do servizo deterxentes, utensilios de limpeza
10. Manter animais domésticos libres de parasitos e debidamente vacinados.
11. Comunicar enfermidades infecto contaxiosas para tomar medidas de protección necesarias para os profesionais e facilitar datos médicos co obxecto de cumprir a normativa de prevención de riscos laborais.
12. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo
Artigo 7.- Modalidades de Acceso ao Servizo O acceso ao servizo producirase, segundo o artigo 13 da Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o servizo de axuda no fogar, a través dos servizos sociais comunitarios básicos, de acordo coas seguintes modalidades:
1.- Acceso DIRECTO:
Para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención PIA, consonte o establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, así como na Orde do 17 de decembro de 2007, pola que se establece os criterios para a elaboración do programa individual de atención, fixación de intensidades de protección dos servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas.
Trátase dun SAF de carácter preventivo cunha temporalidade indefinida.
SAF Dependencia para respiro: Igual modalidade que o anterior pero con menor intensidade. Orientado a proporcionar un apoio de respiro a familias, aos coidadores, etc.
A resolución relativa ao programa individualizado de atención terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ao servizo.orde de 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar As persoas dependentes valoradas que, polo calendario oficial de implantación, teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar, non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.
2.- Acceso de LIBRE CONCORRENCIA:
a Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo de prescrición técnica favorable dos servizos sociais comunitarios, que se resolvera en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos nesta ordenanza.
Trátase dun SAF de carácter preventivo cunha temporalidade definida no proxecto de intervención anexo II e unha intensidade de atención non superior 50 horas/mes.
A súa renovación estará suxeita a revisión.
b De igual maneira á expresada no punto anterior procederase nas situacións en que a problemática principal estea relacionada con aspectos de convivencia e socio educativos e comunitarios.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2021 24/02/2021
23/02/2021 08:00:00
11:34:50

CAPITULO IV - ACCESO O SERVIZO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/02/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28